ALCALDÍA
O alcalde reclama unha decisión urxente da Xunta de Galicia no reparto de fondos para as liñas de baixo custo
A reunión do Comité de Rutas Aéreas finalizou sen ningún tipo de acordo, indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras saír da mesma. Segundo apuntou, os concellos da Coruña e de Vigo non aceptaron o punto de partida ao que chegara a comisión técnica respecto ao mantemento para 2011 de, cando menos, das mesmas conexións que en 2010.
XUNTA DE GOBERNO
Modificación do proxecto de reurbanización da rúa San Clemente pola fonte atopada
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto modificado da reurbanización da rúa San Clemente. Este cambio vén motivado pola aparición dunha fonte histórica neste espazo. Tamén se cambiou o proxecto do campo de fútbol de Villestro por causas sobrevidas.
CIRCULACIÓN VIARIA
Ábrese o prazo de solicitude das tarxetas para o aparcamento de residentes nos barrios de Vite e Guadalupe
Entre o mércores 17 de novembro e o 9 de decembro, os veciños das rúas que se enumeran a continuación e que cumpran cos requisitos establecidos poderán solicitar as tarxetas de aparcamento para residentes. Só se concederán dúas tarxetas por titular e/ou domicilio.
CULTURA
O IV Certame Galego de Bandas reúne 18 formacións no Auditorio
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o IV Certame Galego de Bandas de Música, que terá lugar do venres 19 a domingo 21 no Auditorio de Galicia.
CULTURA
Luis Miñarro cualifica como imprescindibles festivais de calidade como Cineuropa
O produtor de cine, Luis Miñarro, declarou que considera imprescindibles festivais que, como Cineuropa, fan unha aposta pola calidade e o cinema comprometido. "Sen este tipo de circuítos este tipo de cine estaría abocado ao fracaso", sentenciou na rolda de prensa con motivo da homenaxe que Cineuropa lle dedica ao produtor catalán na sección Focus-Retrospectiva 2010.