ALCALDÍA
O Concello manterá no Xacobeo 2010 o modelo de colaboración que garantiu o éxito das anteriores edicións
O Concello acolleu un Pleno extraordinario da Corporación cun tema monográfico, o Xacobeo 2010. Nesta sesión, solicitada polo PP, debatéronse diversos aspectos relacionados coa programación e celebración do Ano Santo.
CIDADE HISTÓRICA E CIRCULACIÓN VIARIA
As obras en Belvís e na Trindade obrigan a varias modificacións no tráfico
O comezo de dúas novas obras do Fondo de Investimento Local (FIL), en Belvís e en San Frutuoso, obrigará a restricións e modificacións no tráfico nestes dous ámbitos. Ambas teñen un período aproximado de realización de oito meses e comezarán o mércores 27.
CONSORCIO
O Programa ConCiencia trae a Santiago un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial
O Premio Nobel de Química en 1987, o francés Jean-Marie Lehn, abrirá o xoves 28 a cuarta edición do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago. A Lehn seguiralle o 1 de xuño o Nobel de Física en 1980, James Watson Cronin, e o 15 de xuño o recente Nobel de Química (2006), Roger David Kornberg.
CONSORCIO
O violinista Cho-Liang Lin acompaña á Real Filharmonía nun novo concerto
O penúltimo dos concertos da Filharmonía no Auditorio de Galicia terá como protagonista ao violinista taiwanés Cho-Liang Lin, quen chega a Santiago cun instrumento modelo Guarnieri del Gesú de 1734. Para a ocasión, o mestre Ros Marbà preparou un programa con obras de Rodrigo, Barber e Bizet. Será o mércores 27 de maio, ás 21:00 horas.
UMAD
Clausúranse as actividades do programa "De bo rollo" nos IES Eduardo Pondal e Antón Fraguas
Dentro das actuacións preventivas que vén realizando a Unidade Municipal de Atención a Drogodepentes (UMAD) no ámbito escolar, atópase o Programa De bo rollo. Con motivo da clausura da edición 2008-2009 desta iniciativa, celebrarase unha festa con diversas actividades nos IES Eduardo Pondal (mércores 27 de maio, ás 12:25 horas) e Antonio Fraguas (xoves 28 de maio, á mesma hora).