MERCADOS
O alcalde inaugurou o novo mercado mensual Mostra Natura do Ensanche
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Praza Roxa a Mostra Natura do Ensanche, unha nova actividade que enriquecerá a oferta comercial e de ocio do Ensanche os primeiros sábados de cada mes. Un mercado de paxaros, plantas e flores e diversos obradoiros infantís integran a oferta desta iniciativa, patrocinada pola concellería de Mercados.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago descobre a policromía do primeiro dos retablos da capela xeral de Ánimas
A recuperación do primeiro dos retablos restaurados polo Consorcio de Santiago na igrexa de Ánimas pode contemplarse dende o sábado 3 de abril con motivo do inicio da Semana Santa. Foi nun acto público celebrado neste convento.
ALCALDÍA
Santiago aspira a ser sede dun congreso europeo de xornalistas en 2010
A presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), Magis Iglesias, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión tamén participou a Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polos seu presidente, Luís Menéndez.