EMPREGO
Oito entidades vinculadas ao mercado laboral asinan o Pacto Local polo Emprego
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asinou, en nome do Concello de Santiago, o Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela (PLE) con representantes de outras sete entidades vinculadas ao mercado laboral: Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, sindicatos UXT e CCOO, Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Asociación de Empresarios de Hostalería, e Asociación Plataforma polo Emprego.
CIDADE HISTÓRICA
A reurbanización da rúa do Olvido e do seu contorno permitirá conectar Belvís co Ensanche compostelán
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou o proxecto das obras de reurbanización da rúa do Olvido e do seu contorno. Na presentación aos medios estivo acompañada de Javier Fernández Muñoz, xefe de servizo da Oficina de Rehabilitación e Vivenda dependente da Concellaría.
CULTURA
Teatro, danza e moita música no programa cultural do mes de abril en Compostela
Presentouse a programación cultural do mes de abril, no que as artes escénicas e musicais ocupan unha posición central. Destacan eventos como a representación da premiada Urtain, da compañía Animalario, ou o espectáculo de danza A quinta do xordo, da compañía francesa de Catherine Diverrès.
BENESTAR SOCIAL
O Concello colabora na difusión dun libro con receitas galegas aptas para diabéticos
O Pazo de Raxoi acolleu esta unha rolda de prensa na que a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou o libro Receitas de Cociña Tradicional Galega para pacientes con diabete. Na presentación tamén estivo a autora do libro e presidenta da Asociación Compostela de Diabéticos, Teresa Lord, e Montse Goma, en representación de Roche Diagnostics.
DEPORTES
A Volta Ciclista da Ascensión contará con algúns dos mellores equipos de elite e sub 23
O vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, e o presidente do Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela, Nemesio López, presentaron a vindeira edición da Volta Ciclista da Ascensión, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de maio, para as categorías elite e sub 23. A carreira contará cun percorrido de 443,3 quilómetros e este será o terceiro ano consecutivo que se disputa. Unha das novidades da proba será o remate da segunda etapa en Sigüeiro.