ALCALDÍA
O alcalde asina en Zaragoza o contrato para a participación de Santiago na Expo Xangai 2010
Na súa intervención, o alcalde destacou o que supón a presenza de Santiago na Expo Universal de Xangai 2010, un ano, dixo, no que será moi importante "facer partícipes aos nosos concidadáns", ao coincidir coas celebracións do Ano Xacobeo e que suporá a "chegada da nosa cidade á súa madurez internacional".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo celebra a súa XXIII Semana cultural
O día 9 comeza a XXIII Semana Cultural do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre do barrio de Conxo. A primeira actividade desenvolverase xa ás 17:00 h. consistindo nun taller de deseño de camisetas. Posteriormente, ás 20:00 h, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García, participará na inauguración da XXIII Semana Cultural coa presentación da exposición CX en imaxes, e coa posterior actuación dos grupos de pandereteiras Brincadeira e de Conxo
XUNTA DE GOBERNO
O Ministerio de Medio Ambiente concede unha axuda para transformar o biogás xerado no vertedoiro de Piñor en enerxía eléctrica
A Xunta de Goberno Local, na súa xuntanza semanal, tratou este tema entre outros, como a aprobación do prego para subministrar novos uniformes á Policía Local ou o visto bo a un plan de asesoramento ao comercio de Santiago por importe de 30.000 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 30 de setembro remata o prazo para solicitar subvencións destinadas a novas empresas
O 30 de setembro remata o prazo para solicitar as Axudas para a creación de novas empresas e para presentarse ao Concurso de novas ideas empresariais. Ambas convocatorias, que contan cun orzamento conxunto de 68.000 euros, enmárcanse no programa de promoción do emprendemento Compostela Activa 2008 que leva a cabo a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Este programa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.