ALCALDÍA
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa en repulsa ao terrorismo
O asasinato en Santoña (Cantabria) do brigada do Exército Luis Conde de la Cruz levou á praza do Obradoiro ao alcalde e ao resto da Corporación Municipal para manifestar nunha concentración silenciosa a súa repulsa ao terrorismo. Algúns cidadáns anónimos uníronse a estes respectuosos cinco minutos de silencio, pechados cun prolongado aplauso.
EDUCACIÓN
Arrinca o curso na Escola Municipal de Música cunha oferta aberta a todas as inquedanzas musicais
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou o inicio do curso e o programa de actividades da Escola Municipal de Música. O acto inaugural celebrarase o 14 de outubro, ás 19:00 horas, no salón de audicións da Escola.
CULTURA
A Internacional representa "Frida" no Teatro Principal
Unha nova representación en torno á célebre pintora mexicana Frida Kahlo chega ao Teatro Principal da man da compañía A Internacional os días 23, 24 e 25 de setembro. Frida ofrece unha revisión escénica dos últimos momentos da artista, que tenta abrir unha reflexión xeral sobre a represión da muller na sociedade.
ALCALDÍA
Compostela recoñece a Stephen Hawking o seu labor para expandir as fronteiras do coñecemento humano
Stephen Hawking xa conta cunha placa conmemorativa da súa visita a Santiago no parque de San Lázaro. Nun breve acto foi descuberta esta placa, reflexo da admiración de todos a este científico exemplar, tanto dende o punto de vista humano como profesional.