TURISMO
Compostela reforzará os seus contactos internacionais en FITUR
Turismo de Santiago estará presente na feira FITUR Congresos, entre o 29 e 30 de xaneiro, e na gran edición de FITUR 2007, que se celebrará do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro no Parque Ferial Juan Carlos I de Madrid.
SANIDADE
Diminúe a entrada de animais no refuxio de Bando
Os membros do Padroado da Fundación Refuxio de Animais mantiveron un encontro para resolver algúns puntos concretos do funcionamento do refuxio de Bando. Analizáronse as cifras de 2006, que indican que durante este ano entraron 859 animais, 36 menos que en 2005.
FESTAS
Máis de 12.000 euros en premios para o desfile do Antroido
O martes 20 de Antroido celebrarase un ano máis o tradicional desfile de carrozas e comparsas. A participación é libre neste concurso, que repartirá 12.200 euros en premios.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica amosa as súas instalacións e servizos aos cidadáns
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, acompañado polo primeiro tenente de alcalde do Concello, Néstor Rego, presentou as oficinas e centros de formación que dependen do departamento. O obxectivo da visita era amosar os recursos físicos cos que conta a Concellaría e os servizos que presta á cidadanía.
CULTURA
Ros Marbà dirixe á Real Filharmonía no Concerto para violín de Alban Berg
A Real Filharmonía de Galiciainterpreta no concerto desta semana tres pezas diferentes, dunha grande orixinalidade. O programa ábrese con "But in vain…", unha novidade do compositor galego Eduardo Soutullo, feita por encargo da Fundación Autor e da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas, a proposta da Real Filharmonía. É a segunda obra dun tríptico de obras orquestrais inspiradas en tres versos do poema "Even Song", de Oliver Wendell Holmes (1809-1894).