EIXO ATLÁNTICO
Unha serie de documentais difundirán o proxecto do Eixo Atlántico
O xornalista Manuel Campo Vidal entrevistou a Sánchez Bugallo arredor da importancia que desde Santiago se lle concede á eurorrexión e as posibilidades de desenvolvemento no futuro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de A Trisca prepara novas actividades para os próximos días.
Unha excursión á Costa da Morte o 2 de setembro e xogos para os máis pequenos son algunhas das actividades que durante este mes organiza A Trisca.
URBANISMO
A rúa das Rodas abrirase de novo en outubro
O presidente do Consorcio e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o xerente do Consorcio, Homero Pérez Quintana, visitaron o xoves 1 de setembro as obras de reurbanización da rúa de As Rodas e do parque de Belvís, a poucas semanas do seu remate.
DEPORTES
Raxoi ábrelle as portas ao primeiro equipo do club Lobelle
O primeiro club da capital de Galicia foi recibido pola corporación municipal na Casa do Concello.
FUNDACIÓN GRANELL
A exposición "Xungla Caribeña" do holandés Rik Lina permanecerá aberta ata o 10 de setembro
Esta mostra individual do autor holandés Rik Lina enmárcase dentro do cliclo de surrealismo internacional co que a fundación pretende dar a coñecer o corpus estético do surrealismo.