ALCALDÍA
Audiencia do Rei aos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os outros 12 alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participarán mañá martes, 19 de novembro, nunha audiencia concedida polo Rei de España con motivo do vixésimo aniversario da constitución do Grupo.
CONSORCIO
A mostra "Rúas de Compostela. De onte a hoxe" supera as 2.000 visitas en mes e medio
Caramoniña, Porta Faxeira, Conga, Pexigo de Arriba, son algunhas das 61 referenciadas na exposición Rúas de Compostela. De onte a hoxe, que se pode visitar ata finais de xaneiro na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Dende a súa apertura hai mes e medio superáronse as dúas mil visitas, o que dá unha media de 54 por día. "É unha asistencia moi boa que esperamos manter ata a súa clausura", segundo indica o seu comisario, Juan Conde Roa.
DEPORTES
Entregados os premios aos clubs de fútbol máis deportivos da temporada 2012-2013
O Club Peña Bodegón Arzúa (2ª Autonómica), o Club La Salle (3ª Autonómica), a A.D.M Peleteiro (Xuvenil) e o Atlético Fátima (Cadete) foron os gañadores dos trofeos á deportividade da temporada 2012/13. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presidiron en Raxoi a entrega de trofeos.
CULTURA
A Banda de Música de Salcedo gaña na sección primeira do VII Certame Galego de Bandas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Auditorio á última xornada do VII Certame Galego de Bandas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e que se celebrou durante a fin de semana. A Banda de Música de Salcedo obtivo o primeiro posto na sección primeira, a das bandas con máis de 71 membros.
CULTURA
José Sacristán recolleu o Premio Cineuropa
O actor José Sacristán recibiu o primeiro dos premios Cineuropa desta edición. Recolleu o galardón no Teatro Principal de mans da tenente de alcalde, Amelia González.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio disporá en 2014 de case 900.000 euros para promoción turística, patrimonio e actividades culturais
A Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, aprobou en Salamanca o seu orzamento, que ascenderá a 890.000 euros en 2014 para promoción turística, conservación de patrimonio e actividades culturais. Así o anunciou en rolda de prensa o presidente do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Toledo, Emiliano García-Page, acompañado do seu homólogo en Salamanca, Alfonso Fernández Mañueco, e da Executiva do Grupo. O alcalde...
CULTURA
Últimas sesións de "Tots volem el millor per a ella", de Mar Coll, e de "For those who can tell no tales", de Jasmila Zbanic
Ata nove filmes diferentes se poderán ver en Cineuropa na xornada do domingo 17, última oportunidade para ver Tots volem el millor per a ella, de Mar Coll, e For those who can tell no tales, de Jasmila Zbanic.
SOSTIBILIDADE
Promoción na praza do Obradoiro do uso racional e eficiente da enerxía
A concellleira de Sostibilidade, María Pardo, achegouse ata o autobús que a empresa Iberdrola instalou na praza do Obradoiro para promover o uso racional e eficiente da enerxía. A campaña ten como lema "Os teus xestos aforran enerxia".
XUVENTUDE
Obradoiro de cociña de outono promovido pola Concellería de Xuventude
A Concellería de Xuventude organizou unha recollida de cogomelos e, posteriormente, en Hello Cooking, un obradoiro de cociña no que se se prepararon as setas recolectadas.
FAMILIA
O Concello adiantouse á celebración do Día do Neno co espectáculo "Cantajuego" e con actividades para os máis pequenos
O Concello de Santiago sumouse á celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno, o mércores 20 de novembro, cunha xornada de lecer previa que tivo como punto forte a presenza un ano máis en Santiago do Cantajuego.