MOBILIDADE
A liña 6 do transporte urbano terá parada na estación de ferrocarril
O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou a posta en marcha o xoves 15 das novidades nalgunhas liñas do transporte urbano. Tamén en breve e na liña de mellorar a intermodalidade, indicou que a liña 6 terá parada na estación do tren.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O rural incorpórase por primeira vez ao programa de conciliación do Nadal da Concellería de Centros Socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais oferta un ano máis nas datas das vacacións escolares de Nadal un programa educativo de tempo libre que se desenvolverá nas mañás dos días 26, 27, 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Despois do éxito do verán, tamén neste Nadal se incorpora o rural a estes Campamentos Abertos de Nadal.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O incremento das subvencións veciñais ata os 72.000 euros permitiu atender todas as solicitudes e aumentar o seu importe
O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, deu conta da decisión da comisión avaliadora das subvencións veciñais para este exercicio. Todas as solicitudes presentadas en prazo, 43, foron atendidas e, delas, 24 recibiron a subvención máxima posible, 2.000 euros.
BENESTAR SOCIAL
A Axencia Local de Colocación xestionou un terzo dos postos de traballo ofertados polo novo centro comercial das Cancelas
O Servizo de Intermediación Laboral da Axencia Local de Colocación, xestionou 509 ofertas de traballo formuladas por 40 das empresas que se instalaron no Centros Comercial As Cancelas. Dende a súa posta en marcha, a Axencia xestionou 858 ofertas laborais.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos do Plan de Formación Continua do programa Santiago Investors Support
Vén de abrirse o prazo de inscrición nos cursos de formación continua do Santiago Investors Support. Este plan súmase ao resto de actividades do Santiago Investors Support, que teñen coma obxectivo fomentar o desenvolvemento empresarial de Santiago neste momento de crise económica. Inclúense neste Plan de Formación Continua, oito cursos gratuitos que se realizaran entre o 19 de novembro e o 22 de decembro.
EMUVISSA
A Xunta Xeral de Emuvissa aproba a súa disolución voluntaria
A Xunta Xeral Extraordinaria da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago (Emuvissa) aprobou a súa disolución voluntaria no marco do cumprimento do Plan de Axuste do Concello aprobado polo Pleno municipal o 30 de marzo de 2012.
TURISMO E PARQUES E XARDÍNS
Santiago celebra o aniversario da Convención do Patrimonio Mundial con visitas, portas abertas nos museos e unha web da Alameda
As concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e de Parques e Xardíns, María Castelao; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; e o catedrático de Botánica da USC, Jesús Izco, presentaron as actividades coas que Santiago celebrará o 16 de novembro o 40º aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da Unesco, coa que se busca protexer os sitios culturais e naturais considerados de valor excepcional para a Humanidade. Esta celebración enmárcase dentro dun programa de actos conxuntos do Grupo de Cidades...
TURISMO
A oficina de información turística estará pechada ata o 25 de novembro por reformas
A oficina de información turística de Turismo de Santiago, situada na rúa do Vilar, permanecerá pechada ata o 25 de novembro por obras de reforma no seu interior. Seleccionáronse estas datas porque son nas que menor número de consultas se producen en todo o ano, de tal modo que o servizo verase afectado o mínimo posible.
ALCALDÍA
O Concello abordará unha mellora integral das beirarrúas de Fontiñas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, e polos integrantes da Asociación de Veciños O Camiño das Fontiñas, percorreu algunhas das rúas entre os Concheiros e San Lázaro e lindeiras co polígono das Fontiñas.
CULTURA
"Foxfire", revolta contra o machismo, e a comedia chegada de Sundance "Liberal arts", entre as propostas da xornada en Cineuropa
Foxfire, que chega a noite do martes 13 ao Principal, é un dos pratos fortes deste XXVI Cineuropa. A firma de Laurent Cantet, cineasta de contrastado compromiso social, gañador en Cannes con A clase, e o premio que obtivo unha das súas actrices en San Sebastián sitúana no foco das atencións deste martes.