TURISMO
Turismo destaca o interese das diferentes igrexas de Xerusalén en participar activamente no Ano Santo
A delegación galega que entre os días 5 e 8 de decembro visita Terra Santa co obxectivo de promocionar Compostela e o seu camiño como destino turístico comezou coas actividades previstas e nas que participa o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias. O programa, organizado dende a Consellaría de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Turismo, incluíu o primeiro día unha recepción na Casa do Concello de Xerusalén ofrecida polas autoridades locais, e...
SERVIZOS
Oito axentes cívicos promoverán bos hábitos na recollida do lixo entre os cidadáns
A concelleira de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Servizos, Marta Álvarez-Santullano, presentou a campaña "Compostela Cidade Cívica", que pretende fomentar os bos hábitos na recollida de lixo. Oito axentes cívicos, debidamente uniformados, advertirán aos cidadáns sobre as condutas incorrectas e informarán á Policía Local no caso de que estas persistan.
BENESTAR SOCIAL
Unha nova ambulancia cedida a Cruz Vermella dará cobertura en actos públicos e eventos deportivos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega da nova ambulancia destinada á Cruz Vermella, coa fin de que esta entidade siga prestado servizos de cobertura asistencia en actos públicos e acontecementos deportivos de todo tipo.
CULTURA
Case 30.000 espectadores avalan o éxito dunha nova edición de Cineuropa
A XXI edición de Cineuropa pechouse cunha asistencia de 29.984 espectadores, unha cifra que supera en máis de 5.000 espectadores a de 2006. Deste xeito, o público respaldou coa súa presenza unha convocatoria que, tanto para o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, como para o director do festival, José Luis Losa, foi a "mellor da historia de Cineuropa".
EDUCACIÓN
Unha peculiar recreación da Catedral será a imaxe do Nadal en Compostela
O Concurso de Carteis e do Programa de Nadal 2007 xa ten gañadores. Unha estampa de Nadal que recrea a fachada da Catedral compostelá, realizada polo alumno do Pío XII de 11 anos, Lucas Barros López, fíxose co primeiro premio e será a imaxe do cartel deste Nadal en Santiago. Un total de 1.100 carteis entraron no proceso final de selección.
ALCALDÍA
Concello e hostaleiros coinciden no impacto positivo das liñas aéreas de baixo custo
Os novos presidentes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca, Jesús Sordo e José Antonio Liñares, mantiveron un primeiro contacto co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, trala súa recente elección. No encontro abordaron posibles colaboracións futuras e analizaron a situación turística da cidade.
TURISMO
Compostela e o seu Camiño promociónanse en Xerusalén
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, viaxará a Xerusalén entre os días 5 e 8 de decembro como membro dunha delegación galega -integrada entre outras persoas polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, e polo deán da Catedral de Santiago, José María Díaz- co obxectivo de participar no congreso "Cidades Santas e Peregrinación" e manter diversos contactos con responsables políticos, empresariais, culturais e relixiosos tanto israelís e palestinos. O...
URBANISMO
Vía libre ao SUP-1 de Romero Donallo
A Xunta de Goberno acordou non admitir a solicitude de nulidade do acordo de aprobación definitiva do expediente de delimitación do SUP-1 de Romero Donallo. Deste xeito conclúense os trámites administrativos previos ao desenvolvemento deste solo, que conectará urbanística e esteticamente o Ensanche cos novos polígonos de vivendas do sur.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
"Compostela, capital de compras" quere consolidar á cidade coma referente comercial
O director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galica (Turgalicia), Xesús Pereira, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron a campaña Compostela, capital de compras, que se desenvolverá durante o mes de decembro. O obxectivo da campaña, enmarcada no Plan de Excelencia Comercial, é consolidar a Santiago como un referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.
FESTAS
O alumeado de Nadal encenderase o 8 de decembro
O encendido da iluminación de Nadal terá lugar o sábado 8 de decembro e permanecerá acesa ata o 7 de xaneiro de 2008 en horario de 18:00 a 2:00 horas., agás o 24, 25 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, que permanecerán encendida ata o mencer.