XUNTA DE GOBERNO
A baixada de bandeira dos taxis composteláns queda fixada en 3,30 euros
A Xunta de Goberno aprobou as tarifas de auto-taxi para o ano 2010. A tarifa mínima de baixada de bandeira queda establecida en 3,30 euros en horario diurno. O importe por quilómetro percorrido será de 0,86 euros.
CULTURA
A Orquestra Árabe de Barcelona trae a Sons da Diversidade a súa mestizaxe de músicas mediterráneas
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura, celebra o sábado 12 de decembro o segundo concerto da tempada 2009-2010. O Auditorio de Galicia acolle ás 21:00 horas a actuación da Orquestra Árabe de Barcelona, un combo de oito músicos que recolle os sons mestizos do Mediterráneo para falar de paz, de integración, de tolerancia e de convivencia. O prezo da entrada é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o Nadal con dous concertos moi especiais
O Nadal tamén chega á Escola Municipal de Música, onde para celebralo prepararon dous concertos especiais. O primeiro, dedicado propiamente ao Nadal, terá lugar na Aula de Cultura de Caixa Galicia o venres 11 de decembro a partir das 19:30 horas. Xa o 17 de decembro, concerto sobre Bach na propia Escola, ás 20:30 horas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reuniuse co almirante xefe do Arsenal de Ferrol
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Santiago Bolíbar.
CULTURA
O Nadal da Rede de Centros Socioculturais recupera a figura do Apalpador
Obradoiros, cine, maxia, contacontos, monicreques, concertos, mostras e excursións conforman o programa Apalpando as ilusións. Máis dun cento de actividades lúdicas que se desenvolverán nos centros socioculturais composteláns ata finais de decembro, segundo manifestou na presentación a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, que estivo acompañada durante a rolda de prensa por Jorge Rey, de Títeres Cachirulo, e participante no programa.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística convida os máis pequenos a vivir un Nadal en galego
A Concellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingüística convida os composteláns a participar no Nadal en Galego, unha proposta concibida para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, promover a lingua galega e concienciar sobre as boas prácticas ambientais a través de alternativas lúdicas e didácticas para o tempo libre dos máis pequenos. A inscrición está aberta.
CONSORCIO
Remata o prazo para acceder ás axudas ao mantemento de edificios da Cidade Histórica
O Consorcio de Santiago, coa colaboración do Concello, a través da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación, dentro das súas políticas de recuperación urbana, iniciou unha nova liña de axudas aos cidadáns para o mantemento de edificacións. Baixo o lema Ter é manter, o Consorcio puxo en marcha o Programa de axudas ao mantemento da envolvente exterior e dos elementos comúns interiores das edificacións da cidade histórica de Santiago de Compostela, cun orzamento de 200.000.../em>
URBANA SANTIAGO NORTE
As persoas desempregadas da zona norte poden aínda anotarse no proceso de selección do Equipo de Obras e Emprego Urbana
O xoves 10 de decembro, finaliza o prazo de presentación de candidaturas para o Equipo de Obras e Emprego Urbana Santiago Norte, que permitirá inserir laboralmente a 45 persoas.
PLENO SOBRE O ESTADO DO CONCELLO
Sigue desde aquí ao vivo o Pleno sobre o Estado do Concello
Picando no titular accederás ao reprodutor de vídeo en liña para poderes seguir a emisión ao vivo do Pleno da Corporación.
PLENO
O alcalde salienta o bo comportamento de Santiago fronte á crise no Pleno sobre o Estado do Concello
No Pleno Extraordinario sobre o Estado do Municipio celebrado no Concello de Santiago de Compostela, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo destacou o bo comportamento da cidade fronte á situación de crise internacional que padecemos.