MOCIDADE
Centos de mozas e mozos ovacionaron na Capitol ás bandas Sinestesia, Hyde Casino, Mito Escrito e Bronquitis Crónica
A sala Capitol de Santiago acolleu o concerto de catro grupos locais, na noite do venres 15, organizado pola Concellería de Mocidade: Sinestesia, Hyde Casino, Mito Escrito e Bronquitis Crónica.
TURISMO
O acto inaugural do Fórum Gastronómico Santiago’08 abre unha semana de actividades culinarias
As cociñas do Fórum Gastronómico Santiago’08 xa están a pleno rendemento. O acto de inauguración oficial do evento, celebrado esta no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, abre unha semana de actividades dedicadas á cociña e os viños, que converten a Compostela na capital culinaria de referencia para profesionais e amantes da gastronomía.
ALCALDÍA
A nova autovía Santiago-Brión desconxestionará os tráficos de entrada e saída á cidade
A apertura da nova autovía AG-56 entre Santiago e Brión permitirá dar servizo a unha media de 25.000 automobilistas diarios e permitirá desconxestionar os tráficos de entrada e saída da cidade cun notable aforro de tempo. A autovía conta con 12,6 quilómetros e 3,3 quilómetros de corredor que servirá de circunvalación a Milladoiro.
ALCALDÍA
O alcalde agradece ao Museo do Pobo Galego ter convertido a Santiago na capital da cultura tradicional galega
O presidente do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo, recolleu de mans do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Cultural. Nun solemne acto na Igrexa de San Domingos de Bonaval, recoñecéronse así os altos servizos e atencións prestadas por esta institución na cidade.
TURISMO
José Posadas, Pepe Rodríguez, José Solla, Cristino Álvarez e Toñi Vicente, gañadores dos Premios Picadillo do Fórum Gastronómico Santiago’08
O Fórum Gastronómico Santiago’08 iniciou, coa cena inaugural celebrada esta no Pazo de San Lourenzo, unha semana de actividades culinarias que farán de Compostela un dos referentes principais na oferta gastronómica do Arco Atlántico. O evento reuniu a un centenar de personalidades, entre representantes de institucións públicas, do sector privado e expertos gastronómicos, que disfrutaron dun menú preparado por chefs do Grupo Nove.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nace unha nova empresa no marco de Equal Compostela Social
O sábado 17 de febreiro inaugúrase, ás sete da tarde, Xocoátel, unha nova tenda especializada na venda de chocolate. Promovida pola compostelá Sandra Ishreid Barros, está situada na rúa Rosalía de Castro, n.º 3. Trátase da empresa número 63 que se pon en marcha ó abeiro do programa de iniciativa comunitaria Equal Compostela Social, que rematou as súas actividades o 31 de decembro do 2007, pero que segue dando os seus froitos coa constitución de novos proxectos empresariais.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á embaixadora británica
A embaixadora do Reino Unido en España, Denise Holt, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Acompañouna a cónsul honoraria británica en Vigo, Lucy Watson.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Uns 1.000 alumnos de secundaria participarán no programa "Sexibilízate"
Escolares de 2º, 3º e 4º da ESO están a participar no programa de educación afectivo-sexual "Sexibilízate". O seu obxectivo: instaurar estes contidos dun xeito integral no sistema educativo, complementando o labor do profesorado a través de persoal especializado nesta materia.
MOCIDADE
Os grupos dos Locais Municipais de Música presentan o seu "book"
A Concellería de Mocidade fixo posible que os grupos dos Locais Municipais de Música dispoñan do seu propio "book". Facilítase así o coñecemento destas formacións e dos propios locais, unha alternativa para os ensaios dos que comezan no mundo da música. Ademais, o venres 15 de febreiro, catro destes grupos darán un concerto de presentación na Sala Capitol.
TURISMO
Arrinca o Fórum Gastronómico Santiago'08 cun programa para todos os gustos
Catas, degustacións, obradoiros de cociña ou o primeiro Concurso de Pulpeiras son algunhas das iniciativas que o Fórum Gastronómico Santiago ’08 ofrece. Durante cinco días o evento reunirá un total de 62 relatores procedentes de todo o Arco Atlántico, que participarán en máis de 65 sesións de cociña en directo e conferencias.