ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Apertura do prazo de inscrición na Escola Municipal de Música

06/04/2005

Do 2 ao 16 de maio (ambos inclusive) poderán reservar praza os alumnos da Escola Municipal de Música do Concello de Santiago que queiran volver a matricularse. O prazo de preinscrición para novos alumnos vai do 2 ao 27 de maio e, unha vez admitidos, poderán formalizar a matrícula do 6 ao 17 de xuño.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Comeza o VI Obradoiro de Educación Familiar

05/04/2005

O programa desenvolverase en oito sesións, desde o 6 de abril ata o 25 de maio de 2005, co obxecto de reforzar o traballo educativo que se está a levar a cabo coas familias participantes no Programa de Intervención Familiar.

Ler máis

BOMBEIROS

O parque de bombeiros moderniza a súa flota

05/04/2005

A praza do Obradoiro acolleu a presentación do equipamento do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago, tras asinar o 1 de abril o convenio sobre o novo parque comarcal de bombeiros.

Ler máis

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

As xornadas "Mira cos mesmos ollos" tratarán o tema da inmigración

05/04/2005

As Xornadas de Inmigración "Mira Cos Mesmos Ollos ", organizadas polo Departamento de Emigración e Inmigración do Concello, xunto coa Fundación Caixa Galicia e o Foro da Inmigración, celebraranse na Aula de Cultura de Caixa Galicia, (Rúa Carreira do Conde), os días 6, 7 e 8 de abril de 19.30 a 22 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

Autoridades da cidade chinesa de Qu Fu visitan Compostela

04/04/2005

O Alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto ao concelleiro de Turismo, Francisco Candela, recibiu na Casa do Concello a delegación municipal da cidade chinesa de QuFu, que, grazas ao programa comunitario Asia Urbs, será rehabilitada coa colaboración compostelá.

Ler máis
Compartir: