ALCALDÍA
Reunion do alcalde e da concelleira de Medio Ambiente co director xeral de acuaNorte
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a directivos de acuaNorte (Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas del Norte S.A.), encabezados polo seu director xeral, Juan Carlos Martín Fragueiro. Na reunión tamén participou a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao.
ALCALDÍA
Conde Roa dá a benvida á nova directiva da Asociación de Veciños de Guadalupe
O barrio de Guadalupe conta con nova directiva na súa asociación veciñal. Con tal motivo, realizaron unha presentación no parque Pablo Iglesias.
CULTURA
O Ciclo de Lied trae ao Principal un dos carteis máis atraentes das súas doce edicións
O tenor Mark Padmore, a mezzosoprano Anna Grevelius, os barítonos Philip Smith e Thomas E. Bauer e a soprano Sandrine Piau, acompañados ao piano polo xa habitual Roger Vignoles, serán os protagonistas do XII Ciclo de Lied. O programa, composto por catro concertos no que resta de mes de setembro, os martes e os xoves no Teatro Principal, foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Ángel Currás e polo novo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou.
ALCALDÍA
Conde Roa destaca a crecente importancia das redes sociais nas relacións dos responsables políticos cos cidadáns
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou en San Martiño Pinario na apertura das xornadas de marketing político "Política 2.0", que se celebran en Santiago os días 14 e 15 de setembro.
CULTURA
Teatro do Morcego estrea "American Café"
Teatro do Morcego estrea o xoves 15 American Café, obra de R. Mohamed, adaptada por Henrique Harguidey baixo a dirección de Celso Parada. Repetirán función á mesma hora, 21.00 horas, o venres 16. As entradas están xa á venda na web de Novacaixagalicia e poderán mercarse tamén os días de función na billeteira do Teatro Principal, en horario de 12:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, a un prezo de 7 euros en butaca, platea e primeira planta; 5 euros.../em>
ALCALDÍA
Melloras na seguridade de vehículos e peóns na estrada entre O Castiñeiriño e Os Tilos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández visitaron a estrada que une O Castiñeiriño-Os Tilos (AC-841), na que o seu departamento autonómico vén de investir máis de 1,7 millóns de euros na mellora da súa seguridade viaria.
ALCALDÍA
O alcalde e o novo comisario coinciden en que Santiago segue a ser unha cidade tranquila e con baixos índices delitivos
O novo comisario de Policía de Santiago, Simón Enrique Sabariz Rolán, mantivo o seu primeiro contacto institucional co alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Ambos analizaron a situación da cidade en materia de delitos e coincidiron en que segue a ser unha cidade tranquila e con baixos índices de delincuencia.
ALCALDÍA
Conde Roa escoita as demandas dos veciños dos barrios de Conxo e Vista Alegre
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación de Veciños Conxo Aberto. A continuación, mantivou un encontro coa Asociación Álvaro Cunqueiro, do polígono de Vista Alegre.
EDUCACIÓN
Primeiro día de curso sen incidencias nos centros educativos de Santiago
O día no que os escolares de Santiago volveron ás clases, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, realizou unha visita a varios centros educativos. Neste primeiro percorrido desprazouse ata os CEIP Ramón Cabanillas, Pío XII e Monte dos Postes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba axudas para 21 inmobles da ARI de Vista Alegre
A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, axudas para 21 inmobles destinadas á instalación dun ascensor entre o número 12 da rúa de Santa Uxía de Ribeira e o número 2 da rúa de Boiro, en Vista Alegre, no marca da súa Área de Rehabilitación Integral (ARI). Tamén se aprobou o reparto de axudas para as asociacións veciñais e para a realización de actividades de dinamización comercial.