ALCALDÍA
Os vehículos antigos volven ao Casco Histórico de Compostela
Despois do seu paso por Compostela con motivo das Festas do Apóstolo, os automóbiles clásicos volven á cidade da man da I Concentración de Vehículos Históricos "Compostela Monumental". Máis de 50 coches participarán neste evento, que se celebrará o sábado 24 entre as 11:00 e as 20:00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha celebra a súa VII Semana Cultural
O barrio da Rocha celebra a súa VII Semana Cultural do 20 ao 24 de setembro. Serán cinco días nos que haberá exposicións, xogos populares, charlas, teatro e unha festa.
XUNTA DE GOBERNO
Operación de tesourería por catro millóns de euros para afrontar pagos a provedores
A Xunta de Goberno adxudicou unha operación de tesourería por catro millóns de euros, que permitirá facer fronte aos pagos pendentes a provedores con maior antigüidade. Tamén se aprobou a modificación da taxa fiscal pola apertura de establecementos.
ALCALDÍA
Conde Roa reuniuse co presidente e co secretario da Fundación Down Compostela
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, e co secretario, Xaime López.
ALCALDÍA
A nova terminal de Lavacolla comezará a funcionar o 13 de outubro
A nova terminal de Lavacolla foi presentada públicamente nun acto celebrado no propio aeroporto. A partir do 13 de outubro, composteláns e visitantes poderán xa facer uso dunha nova terminal que triplica a actual e que poderá atender a catro millóns de pasaxeiros ao ano.
ALCALDÍA
Homenaxe a José Luis Fernández, ex comisario da Policía de Santiago
A Asociación Hostalería Compostela organizou unha homenaxe a José Luis Fernández Vázquez, ex comisario xefe da Policía de Santiago de Compostela. O alcalde, Xerardo Conde Roa, sumouse a este recoñecemento.
ALCALDÍA
O alcalde felicita á Policía Local polo seu "traballo formidable" no primeiro botellón
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, agradeceu e felicitou á Policía Local polo seu "traballo formidable" na primeira noite de botellón. Malia que, segundo dixo, as circunstancias predispoñían a un "macrobotellón, afirmou que "non foi así" e que "as cousas foron razoablemente ben", polo que o Goberno municipal "seguirá traballando nesta liña".
ALCALDÍA
Reaberto o Parque Eugenio Granell
O Parque Eugenio Granell está de novo aberto ao público. Os composteláns recuperan este espazo verde, que se pechara hai meses por mor das obras na rede de colectores.
BENESTAR SOCIAL E SEGURIDADE CIDADÁ
Paula Prado reitera que o Concello actuará con "responsabilidade" respecto ao botellón
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, indicou en rolda de prensa que "fronte á permisividade, nós imos a actuar con responsabilidade" en relación ao botellón e ao consumo de alcohol por menores. Neste sentido, engadiu, "seguiremos facendo cumprir a normativa" e traballando no Plan de Prevención.
ALCALDÍA
Santiago e Lalín traballarán conxuntamente para potenciar a área centro de Galicia
Os alcaldes de Santiago e Lalín, Xerardo Conde Roa e Xosé Crespo, reuníronse en Raxoi para falar de proxectos de colaboración conxunta.