CENTROS SOCIOCULTURAIS
Poesía na escalinata do Hospital Psiquiátrico para recordar o Banquete de Conxo e a Aurelio Aguirre
O acto estivo organizado pola Concellería de Centros Socioculturais en colaboración coa Editorial Alvarellos para lembrar o Banquete de Conxo e a figura do poeta Aurelio Aguirre.
ALCALDÍA
Úbeda e Baeza súmanse ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asisitiu en Toledo á Asemblea Xeral do Grupo, na que se aprobou a incorporación de dúas novas cidades: Úbeda e Baeza, co que xa son 15 as integrantes.
BENESTAR SOCIAL
Clausura dos obradoiros "Activa-T cociñando"
Dende o 11 de marzo e ata o pasado día 20 tiveron lugar os obradoiros de cociña tradicional galega nos que os e as participantes de distintas nacionalidades puideron aprender a elaborar pratos típicos de baixo custo e elaboración sinxela para o día a día das familias.
EMPREGO
A concelleira de Emprego participou no encontro da mocidade emprendedora
A Facultade de Económicas e Empresariais acolleu o I Econtro Internacional da Mocidade Emprendedora, ao que asistiu a concelleira de Emprego, Reyes Leis. As xornadas contaron con conferencias, mesas redondas, charlas con empresarios, seminarios prácticos, e moitas outras actividades que remataron coa selección das 5 mellores ideas de negocio.
ALCALDÍA
A Cidade da Cultura acolle a exposición "Auga Doce"
Á inauguración, presidida polo Príncipe de Asturias, asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e membros da corporación.
MOBILIDADE
Iníciase o proceso para a contratación do servizo de cafetería da estación de autobuses
O concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, anunciou en rolda de prensa a aprobación por parte do Consello de Administración de Tussa da posta en marcha do proceso de adxudicación da cafetería da estación de autobuses o pasado luns 17.
CONSORCIO
O obradoiro sobre planificación de uso público de espazos patrimoniais congrega a 25 profesionais da arquitectura, medio ambiente e turismo
Organizado polo Consorcio e Turismo de Santiago, celebrarase durante todo o sábado na Fundación Torrente Ballester baixo a dirección dos expertos Jon Kohl e Fernando Ramos.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de matriculación na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou os prazos para matricularse na Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015. Entre outros asuntos, a voceira María Pardo tamén deu conta da nova denominación do parque de San Roque.
ALCALDÍA
Santiago participa no Congreso Internacional da Camelia 2014
O alcalde compostelán Ángel Currás, recibiu ao comité organizador no Pazo de Raxoi.
CULTURA
Oito novos concertos no Compostela Rock e tres en Sons’14
Entre eles destaca a nova colaboración entre o ciclo Compostela Rock e o Galicia Importa que traerán a Compostela a Nick Waterhouse, The Dream Syndicate e Laredo. No Compostela Rock estarán tamén, entre outros, B-Real, Xzibit, Demrick, Bart Davenport, Why go, The Entrance Band, Cuello, La Dance, Músculo! e varios grupos de reggae galego. Ao programa de Sons’14 engadimos os concertos de aCadaCanto, Fetén Fetén e Zenet