CULTURA

Nova edición do xogo de rol "Vampiro: a mascarada"

12/04/2005

O vindeiro venres 29 de abril celébrase na cidade de Santiago de Compostela a segunda macro-partida do xogo de rol en vivo "Vampiro: a mascarada", titulada "O Concilio das sombras". A primeira edición deste xogo de terror gótico, na que participaron cerca de 200 xogadores, desenvolveuse o ano pasado tamén en Santiago e levou por título "Legado de sangue". Para esta edición, calcúlase que participarán unhas 500 persoas.

Ler máis

AUDITORIO

A Filharmonía de Galicia estrea as obras do galego Octavio Vázquez

12/04/2005

O xoves 14 de abril ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave. Como solista estará o óboista Thomas Indermühle.

Programa: Hermes...................................Octavio Vázquez (1972)
Concerto para óboe..................Richard Strauss (1864-1949)
Serenade en Mi maior, op. 22....Antonin Dvorák (1841-1904)

Ler máis

MERCADOS

A reforma da Praza de Abastos pasa por unha revitalización comercial

11/04/2005

Pere Xavier Sirbent, xefe de proxectos do Instituto Municipal de Mercados de Barcelona, e Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Comercio e Mercados do Concello, visitaron a Praza de Abastos de Santiago, a fin de coñecer as características e os plans do Concello para a remodelación comercial e arquitectónica deste recinto.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Fallo do sorteo da campaña de fomento da reciclaxe

11/04/2005

21 cidadáns gañadores do sorteo da campaña para o fomento do uso corrector dos colectores amarelos.

Un total de 21 cidadáns foron premiados no sorteo no marco da campaña informativa sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, convocado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Santiago.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Unha nova fonte para o parque Eugenio Granell

09/04/2005

Os habituais do parque Eugenio Granell atópanse agora no seu percorrido cun novo elemento, unha fonte ornamental que pulveriza a auga e que, pola noite, a grazas á súa iluminación, semella unha esfera de luz.

Ler máis

TRANSPORTES

Entra en vigor a nova estrutura tarifaria dos aparcamentos públicos

08/04/2005

A aprobación desta medida responde ao obxectivo de adecuar a relación prezo-tempo de estacionamento nos aparcamentos públicos que son titularidade do Concello de Santiago.

Remata o prazo para as empresas Interparking Hispania S.A. e Aparcamientos Sar S.A. en relación á modificación da estrutura tarifaria dos aparcamentos públicos.

Ler máis

EDUCACIÓN

Fallo da cuarta edición do programa didáctico "Coñecer as cidades"

08/04/2005

Concelleiros e técnicos das once cidades membros do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España deliberan hoxe na Casa do Concello sobre os traballados presentados por centros de ensino destas cidades na cuarta edición do programa didáctico "Coñecer as cidades Patrimonio da Humanidade".

Ler máis
Compartir: