EDUCACIÓN
Os gañadores composteláns do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" viaxan a Córdoba e Segovia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi os gañadores os alumnos composteláns gañadores da novena edición do Programa Coñecer as Cidades Patrimonio, pertencentes ao IES de Sar. Estes escolares partirán o luns 26 cara Córdoba, onde participarán no certame final do programa e, posteriormente, cara Segovia, a cidade sobre a que realizaron o traballo.
XUVENTUDE
Deseqilibrio Mental gaña a primeira final do "MúsicaXove" na categoría de metal
Na noite do xoves 22, os fans do metal puideron escoitar ás novas promesas do estilo musical que emerxen en Galicia nun concerto na Sala Capitol no que participaron tres grupos da zona de Compostela, Deseqilibrio Mental (Teo), Nightcrawler (Santiago) e Empezar de Zero (Lalín-Arzúa), na primeira final da terceira edición do MúsicaXove, certame organizado pola Concellaría de Xuventude. O gañador foi o primeiro deles.
CULTURA
Un novo catálogo da Zona "C" recolle as catro intervencións artísticas neste espazo en 2009
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais vén de publicar o catálogo que reúne as catro intervencións artísticas realizadas na Zona "C" no 2009. É o terceiro catálogo anual editado desde que a Concellaría abriu este espazo en Bonaval, xestionado polo Auditorio de Galicia. Nun coidado estoxo reúne un disco compacto con material audiovisual e catro cadernos con imaxes e informacións das catro propostas do ano pasado: 1:10, de Sara Fuentes Cid; Dinero, de Montse Rego; En.../em>
COMERCIO
Spiral, Mama Egué e Castelcán, gañadores da edicion de primavera do Concurso Municipal de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da Edición de Primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi Spiral; o segundo Mama Egué; e o terceiro Castelcán.
ALCALDÍA
O alcalde confía nun acordo na definición da futura estación do AVE para antes do verán
Tras o anuncio do proxecto de ampliación da AP-9, o seguinte "gran tema" en canto ás infraestruturas de Santiago será a futura estación do AVE, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Confía en que "antes do verán haxa un acordo na definición da estación que nos satisfaga a todos e no marco do convenio asinado previamente".
COMERCIO
Os comercios Joyería Bao, Supermerado Froiz, Fariña e Formigo, La princesa e Espagat serán homenaxeados polo Concello
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias deu a coñecer os nomes dos cinco estabelecementos que van ser homenaxeados en 2010. Son: Joyería Bao, Supermercados Lorenzo Froiz, Fariña e Formigo, La Princesa, e Espagat.
URBANISMO
A Comisión de Urbanismo aproba a ampliación de uso dunha parcela que acollerá a sede central de Proxecto Home
Con este acordo, a Comisión de Urbanismo, celebrada baixo a presidencia da concelleira Mercedes Rosón, inicia as actuacións encamiñadas a ceder a Proxecto Home Galicia un terreo de 5.000 metros cadrados, no que esta institución instalará non só os seus servizos terapéuticos, senón tamén a sede central, que prestará servizo a toda Galicia.
FACENDA
Facenda ultima a revisión do Plan Económico Financeiro do Concello 2010-2011
Na próxima sesión Plenaria do Concello a Concellería de Facenda dará conta do Decreto de liquidación do exercicio 2009 e do grao de desviación que o peche do ano 2009 supón nas estimacións e obxectivos do Plan Económico Financeiro (PEF) do Concello aprobado para o período 2009-2011.
ALCALDÍA
O alcalde anima aos máis pequenos a practicar o hábito da lectura
Seguen as actividades da X Campaña de Animación á Lectura, que se prolongará ata o 22 de maio. Nesta ocasión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo achegarse ata unha das sesións diarias de contacontos que se realizan na Galería Sargadelos.
ALCALDÍA
Os asociados da ONCE en Galicia peregrinarán en setembro a Compostela
A presidenta do Consello Territorial da ONCE Galicia, Dolores Venancio Vilaboy, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.