ALCALDÍA
A maior autoridade mundial na loita contra o cancro asinou no Libro de Honra do Concello
Con motivo da súa presenza en Santiago para participar no programa ConCiencia, o Premio Nobel de Medicina en 1989, Harold Varmus, pasou por Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao igual que o fixeran outros insignes participantes neste programa divulgativo, Varmus deixou a súa sinatura no Libro de Honra do Concello.
DEPORTES
A S.D. Compostela recibiu os parabéns do alcalde polo seu ascenso a Terceira División
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á directiva, cadro técnico e xogadores da S.D. Compostela, que vén de lograr o ascenso á Terceira División.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a Santiago como modelo europeo na promoción de vivenda protexida
Cumprido o primeiro ano da terceira lexislatura de mandato do actual Goberno municipal, o alcalde compostelán fixo balance deste período. Para Xosé A. Sánchez Bugallo, "estanse a cumprir os obxectivos plantexados" nos catro eixes prioritarios do Goberno: vivenda, emprego, benestar social e infraestruturas.
URBANISMO
O Concello asegurará o ritmo construtivo en 2009 coa adxudicación dunhas 500 vivendas protexidas máis por EMUVISSA
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou seis dos polígonos de vivenda que está a desenvolver a Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA), e que supoñen un total de 1.755 vivendas, das que 1.353 son protexidas. Trátase dos polígonos SUP-2 (Cornes), SUP-7 (Pontepedriña II), SUNP-11 (O Castiñeiriño), SUNP-14 (Tras Paxonal) e SUNP-22 (Castro de Abaixo).
CULTURA
Teatro do Morcego representa "O clube da calceta" no Teatro Principal
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou a obra O clube da calceta, que a compañía Teatro do Morcego porá en escena os días 23 e 24 de maio no Teatro Principal a partir das 21.00 horas. A peza é unha adaptación para o teatro da novela homónima de María Reimóndez.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Preto de 500 persoas participan nas actividades da Rede de Cooperación Local
478 persoas participaron nas actividades programadas no primeiro semestre do 2008 pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco da Rede de Cooperación Local. En concreto, desenvolveronse catro cursos on-line dirixidos a traballadores ocupados, visitas a empresas, unha comida de traballo, duas conferencias e un encontro entre axentes de emprego e usuariaos de programas de emprego de Promoción Económica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC do Castiñeiriño acolle a posta en escena de "Comedia bífida"
O venres 23 de maio, ás 20:00 horas, o Centro Sociocultural do Castiñeiriño, acollerá a representación teatral de Comedia bífida, sobre un texto de M. Núñez Singala e baixo a dirección de Tero Rodríguez. A entrada é de balde.
CONSORCIO
O programa ConCiencia trae a Santiago ao líder mundial na loita contra o cancro
O Premio Nobel de Medicina de 1989, Harold Varmus (Nova Cork, 1939) abre o xoves 22 de maio a edición 2008 do programa ConCiencia, que organiza a Universidade compostelá coa colaboración do Consorcio de Santiago e da Fundación Caixa Galicia.
CULTURA
Avanza o proceso constitutivo do Consello Compostela Cultura
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, co obxecto de facilitar a participación dos axentes culturais no proceso constituínte do Consello de Compostela Cultura, habilitou un espazo no web www.compostelacultura.org para, coa colaboración de todas as asociacións interesadas, formar un censo provisional de entidades electoras e elixibles.
EMPREGO
Máis de 200 persoas asistiron á entrega de diplomas ao alumnado dos proxectos FIP, Crear IV e Persoa III
Máis de 200 persoas asistiron á entrega de diplomas aos participantes nos Cursos FIP (Formación e Inserción Profesional), no Proxecto Crear IV e no Proxecto Persoa III, desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Ao acto, celebrado na Aula de Cultura de Caixa Galicia, asistiron alumnos, formadores e representantes das empresas colaboradoras. A través destes cursos e programas formáronse 363 persoas e impartíronse 59 accións formativas, cun total de 8.618 horas lectivas.