CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural de Santa Marta amosa o traballo de nove compañías na sétima edición do Ciclo de Teatro Comunitario
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis coa Comisión cultural da Facultade de CC da Educación no desenvolvemento do Ciclo de Teatro Comunitario, que presentou o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, en rolda de prensa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para a inscrición na viaxe "Descubre o Ribeiro entre viñedos"
O xoves 27 de marzo a partir das 17h ábrese o prazo para a inscrición nunha nova viaxe programada no marco do programa municipal Imos de excursión. Nesta ocasión os participantes descubrirán o Ribeiro entre viñedos do 26 e 27 de abril.
TURISMO
Santiago participa na xuntanza do Spain Convention Bureau
O Comité executivo do Spain Convention Bureau celebrouse en Madrid o 24 de marzo e contou coa presenza da concelleira de Turismo, Reyes Leis, en representación do alcalde compostelán.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO
Rematan as charlas da Policía Local sobre seguridade peonil nas zonas rurais
O Local Social da Peregrina acolle esta tarde a últimas das charlas organizadas dentro da campaña "Mira que te miren", ofrecidas pola Policia Local en colaboración coa DGT. Participaron as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Asiste o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago de Compostela resolve dous accidentes causados por vehículos que se deron á fuga
A Unidade de Atestados da Policía Local de Santiago de Compostela resolveu un accidente con danos materiais causado por un vehículo que se deu á fuga o pasado 19 de marzo e outro o domingo 23.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A praza de Vigo xa conta co seu parque infantil
O alcalde de Santiago, Ángel Currás e a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, asistiron á psota en marcha do parque da praza de Vigo, que conta cun parque infantil, un circuito biosaudable e xogos de auga no estanque existente. Espérase que nos vindeiros días se abra o parque de praza de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago de Compostela dedicaralle unha rúa a Adolfo Suárez
O Concello de Santiago quere render homenaxe ao primeiro presidente do goberno da democracia, que falecía aos 81 anos como consecuencia da evolución do alzhéimer que padecía, cunha rúa ao seu nome. Así o anuciou o alcalde compostelán a través de Twitter.
CULTURA
Teatro do Noroeste estrea ‘A Mamma’, protagonizada por Luma Gómez, dentro do ciclo Teatro&Danza
As entradas, a 8 euros (6€ os xoves, día do espectador) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal ou na propia Zona C e o espectáculo entra dentro do Bono de Teatro Galego
ALCALDÍA
O Concello e Cogami reúnense para seguir avanzando en temas como a accesibilidade e o emprego para persoas con discapacidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Benestar Social, María Castelao, reuniuse co presidente de Gogami, Anxo Queiruga, no marco das moitas xuntanzas con este colectivo para seguir traballando en temas como a accesibilidade ou o acceso ao emprego das persoas con discapacidade.
EDUCACIÓN
Educación colabora no concurso Kid’s Master Chef, onde os máis pequenos poderán mostrar as súas habilidades na cociña
A concelleira de Educación, María Castelao, presentou en rolda de prensa o concurso Kid's Master Chef, que se realiza en colaboración coa escola infantil Kid's Garden e que supón ampliar a oferta de ocio infantil na cidade.