TURISMO
As pernoctacións en Santiago de Compostela subiron un 10,4% en maio
Santiago sumou no mes de maio de 2013 un total de 118.247 pernoctacións, fronte ás 107.153 que se produciron no mesmo mes do ano pasado, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Isto tradúcese nun crecemento do 10,4% respecto dos datos do 2012. Analizando os datos dispoñibles do INE dende 2005, compróbase que foi o terceiro mes de maio con maior número de pernoctacións, só superado polos meses de maio do Ano Santo 2010 e do ano 2008.
COMERCIO
Grupo de traballo sobre aproveitamento de locais dentro do programa de dinamización económica do barrio de San Pedro
O salón de actos do Museo do Pobo Galego acolleu o grupo de traballo participativo "Aproveitamento de locais como motor de dinamización local. Oportunidade de negocio", dentro do programa San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade, organizado pola Concellería de Comercio no marco do programa europeo Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
CURSOS INTERNACIONAIS
Celebrada a Xunta Xeral da Sociedade Anónima de Cursos Internacionais
As concelleiras Rebeca Domínguez e Reyes Leis asistiron no Colexio de San Xerome á Xunta Xeral da Sociedade Anónima de Cursos Internacionais.
TURISMO
Os participantes na terceira edición do reto solidario "A Santiago contra o cancro" alcanzaron a súa meta
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu os membros da Asociación contra o Cancro de León que remataron a terceira edición do reto solidario "A Santiago contra o cancro".
SAN XOÁN
Compostela celebrou o San Xoán
Os barrios e parroquias de Compostela celebraron o San Xoán con 237 cacharelas e sardiñadas. Os concelleiros da Corporación uníronse a algunhas destas celebracións.
TURISMO
Primeira excursión dende Área Santiago
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na primeira excursión organizada polo grupo Área Santiago e que levaba por título "Marabillas do Camiño Portugués de Padrón a Santiago".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán" programou unha sesión de pesca sen morte na Granxa do Xesto
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, participou na Granxa do Xesto nunha sesión de pesca sen morte, incluída nas actividades do programa Vive o verán!. Esta xornada de aproximación dos máis novos ao mundo das artes da pesca, estivo conducida por expertos da Sociedade de Caza e Pesca La Venatoria.
XUVENTUDE
Estudantes de comercio con bo nivel de idiomas axudarán a turistas e hostaleiros
A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, reuniuse cos presidentes da Asociación Hostalería Compostela, José Otero e Jesús Sordo, e un representante do grupo PREMIR. O obxectivo desta xuntanza é preparar un proxecto piloto de voluntariado co que se pretende que estudantes de comercio internacional na mencionada academia, con bo nivel de inglés, entre outros idiomas, sirvan de axuda a turistas e hostaleiros.
COMERCIO
Comezaron os "outfits" nas tendas participantes no "Sensación- all Compostela 13. O teu comercio está de moda"
Co obxectivo de dinamizar o sector, incentivar o consumo e incrementar as vendas, a Concellaría de Comercio, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Fundación Cidade da Cultura -lugar onde se celebrará o desfile final- puxo en marcha o programa de dinamización comercial Sensación- all,o teu comercio está de moda.
CULTURA
Mofa e Befa pechan esta temporada e abrirán a próxima do ciclo Teatro & Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou no Teatro Principal, as das dúas obras que nos achegarán Mofa e Befa (Producións Teatrais Excéntricas): Sempre ao lonxe e Románticos. Estivo acompañado do director Quico Cadaval e dos actores Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz.