ALCALDÍA
Sánchez Bugallo, na súa calidade de vicepresidente, asiste en Tarragona á Asemblea de Cidades Patrimonio da Humanidade
O xoves 6 tivo lugar en Tarragona a Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, do que o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, é vicepresidente. Foi esta unha xuntanza preparatoria para a Asemblea do Grupo, que tivo lugar o venres 7 de novembro, na casa consistorial da cidade. Á mesma asistiron os alcaldes das cidades que integran o grupo, agás Cuenca, que desculpou a súa asistencia.
EMPREGO
A Concellaría de Promoción Económica participa no II Foro de Emprego da USC
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo colabora co II Foro de Emprego da Universidade de Santiago de Compostela, organizado polo Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social en coordinación co Campus de Lugo. A Concellaría participará no encontro, os días 11 e 12 de novembro, cun stand informativo e cunha ponencia sobre intermediación laboral.
CULTURA
Cineuropa percorre a filmografía do cineasta francés Olivier Assayas
Un dos nomes que está a protagonizar o Festival Cineuropa 2008 é o do cineasta Olivier Assayas. A pesar do recoñecemento xeralizado que o director francés posúe na crítica internacional, son moi escasos os títulos que teñen chegado ás pantallas galegas. Cineuropa ofrece unha oportunidade única de se mergullar na suxestiva obra de Assayas, grazas á retrospectiva que lle está a dedicar nesta XXII edición.
CIDADE HISTÓRICA
Olga Pedreira participará no Congreso Europeo de Cidades Dixitais e sen fíos
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, participará no Wireless and Digital Cities. Este será o 3º congreso anual europeo, que se celebrará en Barcelona do 11 ao 13 de novembro baixo o epígrafe Connecting Communities. Aquí, profesionais e expertos de toda Europa darán a coñecer as súas experiencias no desenvolvemento de redes sen fíos.
TURISMO
Turismo de Santiago estará presente na Feira Turística máis importante de Gran Bretaña
Turismo de Santiago estará presente na World Trade Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que se desenvolverá en Londres entre o 10 e o 13 de novembro. Na edición do 2007 participaron na feira 48.111 profesionais dos diferentes ámbitos do sector turístico procedentes de 197 países e rexións, uns datos que reflicten a importancia deste evento. A feira é un evento dirixido especificamente para profesionais e non está aberto ao público.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos volverán pór cara ao Nadal compostelán
O Concello de Santiago organiza un ano máis o Concurso de Carteis e do Programa de Nadal. Os rapaces e rapazas de infantil e primaria volverán a amosar as súas habilidades artísticas para elaborar uns debuxos que servirán para ilustrar o cartel e o programa editado para estas datas.
CULTURA
Renovado compromiso a prol da recuperación do traxe galego
A Asociación do Traxe Galego convoca a XIV edición do Premio de investigación "Antonio Fraguas" sobre o traxe tradicional galego. Este galardón, o único destas características que existe en Galicia, supón un importante recoñecemento a aqueles que traballan a prol da recuperación e do coñecemento do traxe galego.
CULTURA
O audiovisual galego protagoniza unha nova xornada de Cineuropa
O arranque da XXII edición de Cineuropa está a ter un claro protagonista: o cinema galego. Aos máis de cen filmes proxectados na sección Panorama Galiza, engádese a inclusión, nos distintos programas do Festival, de filmes realizados en Galicia ou por autores galegos.
EDUCACIÓN
As matemáticas e a arte, unidas a través da obra de Escher
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 10 ao 14 de novembro, a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración coa Concellería de Educación, organiza a exposición interactiva "Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte". A mostra estará na Galería Sargadelos.
DEPORTES
Compostela reúne ás mellores raquetas mundiais de squash
Do 3 ao 8 de novembro, Santiago acolle o Trofeo Concello de Santiago, integrado no Circuíto Mundial de Squash. Na pista de cristal instalada en Área Central compiten os mellores deportistas do mundo desta especialidade.