CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia será a protagonista da nova edición de "Música na Compañía"
A Real Filharmonía de Galicia e a USC poñen en marcha unha nova edición de "Música na Compañía", unha serie de concertos de cámara celebrados na igrexa da Universidade. En total serán nove concertos protagonizados por diversas formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia.
CULTURA
Clausúrase o VIII Ciclo de Lied cun programa dedicado ao cabaré e o debut en España da soprano canadense Measha Brueggergosman
Co habitual respaldo do público compostelán e galego e un alto nivel artístico remata o mércores 10 de outubro no Teatro Principal a oitava edición do Ciclo de Lied de Santiago que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Asociación Galega da Lírica.
ALCALDÍA
Defensa impulsa un principio de acordo para pechar a operación de Bando
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuníronse en Madrid co director xeral de Defensa, Jaime Denís Zambrana e con tres membros do Aeroclub que acudiron acompañados do seu avogado, para avanzar nas negociacións.
EDUCACIÓN
O Concello e Kalandraka convocan un premio internacional de álbum ilustrado pioneiro en Galicia
No marco da IX Campaña de Animación á Lectura, que cada ano organiza a Concellería de Educación, convocarase o I Premio Internacional "Compostela" para álbums ilustrados, en colaboración coa editorial Kalandraka. A iniciativa está dirixida a aoutres e ilustradores do ámbito internacional.
ALCALDÍA
O Goberno local propón novamente o indulto para os veciños do Eixo
A Xunta de Goberno local aprobou unha nova proposta de indulto para os veciños do Eixo condenados a sete anos de prisión. Esta proposta, formulada polos grupos municipais socialista e nacionalista, incide nos feitos obxectivos que fan a Jesús Montoiro Cepeda, José Moreira Fernández e Simón Márquez Valle merecedores desa graza.
INFRAESTRUTURAS
Adxudicadas as obras de reforzo do firme no Vilar
A Xunta de Goberno local adxudicou as obras de reforzo do firme na vía pública M-8-IV, no Vilar, incluídas no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación da Coruña.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O taller de moda Belén Mosquera, a primeira empresa xurdida do Equal Compostela Social, celebra o seu desfile-presentación
A deseñadora Belén Mosquera, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentaron o desfile-presentación do Atelier de Moda Belén Mosquera, a primeira empresa xurdida a través do Proxecto Equal Compostela Social. No evento, que terá lugar o 26 de outubro ás nove da noite no Café-Casino, ubicado na rúa do Vilar, 35, participarán quince modelos, entre elas a compostelá Paola Ditano.
CIDADE HISTÓRICA E FESTAS
O Goberno municipal puntualiza o escrito de Compostela Monumental
Diante do comunicado emitido pola asociación Compostela Monumental, o Goberno municipal quere aclarar algúns dos aspectos significativos nos que a devandita nota falta á verdade como ven sendo habitual por parte dos dirixentes da mesma.
URBANISMO
Sánchez Bugallo: "O modelo de cidade proposto polo Concello é aceptado e non cuestionado pola Comunidade Autónoma"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou en rolda de prensa o contido da orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) asinada o xoves 4 pola Consellería de Política Territorial. Destacou a súa "satisfacción porque se teña aprobado definitivamente, o que quere dicir que o modelo de cidade proposto polo Concello é aceptado e non cuestionado pola Comunidade Autónoma".
CULTURA
Dous novos concertos no Principal pecharán o VIII Ciclo de Lied
Tralo éxito dos dous primeiros concertos que tiveron lugar no mes de setembro, os dos días 8 e 10 de outubro rematarán no Teatro Principal o Ciclo de Lied de Santiago. que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Asociación Galega da Lírica.