XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba axudas á rehabilitación de vivendas por máis de 50.000 euros
Trece vivendas da zona histórica de Santiago recibirán axudas públicas para a súa rehabilitación tras aprobar inicialmente a Xunta de Goberno este asunto da orde do día.
ALCALDÍA
Suecia amosa o seu interese por Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi un grupo de xornalistas suecos que se atopan en Santiago participando nunha misión inversa de turismo organizada pola Cámara de Comercio.
ALCALDÍA
Os servizos mínimos están pactados para o correcto desenvolvemento da folga
Bugallo apelou ao "estrito respecto" e ao "bo comportamento de todos, tanto dos que desexen participar da folga como dos que acudan ao seu posto de traballo".
BENESTAR SOCIAL
Nace en Santiago a Asociación de nenos e nenas hiperactivos co obxectivo de axudar ás familias que sufran este transtorno e sensibilizar á sociedade
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martin, presentou a entidade acompañada da súa presidenta, María Jesús Calvo Tomé.
CULTURA
Os centros socioculturais contan con nova programación
Hai dúas novidades na oferta: Experimenta, para nenos e nenas os sábados á mañá; e Decátate, onde os participantes poderán catar distintos produtos alimentarios galegos con denominación xeográfica.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo compromete a remodelación da explanada da igrexa de Marrozos
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e do concelleiro delegado de Obras, Bernardino Rama, visitou na mañá de hoxe a parroquia de Marrozos, onde foi recibido polo presidente da Asociación de Veciños, Emilio Cao, e outros membros da directiva.
TRANSPORTES
Carlos Nieves participa nunhas xornadas sobre o financiamento do transporte público
A ponencia do concelleiro de Transportes de Santiago versou sobre a experiencia a nivel local.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Alicante estreitan os seus lazos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi a alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo. No encontro abordaron asuntos comúns a ambas urbes e sentaron as bases para unha colaboración máis estreita e continuada. Ademais, a rexedora alicantina asinou no libro de Honra da cidade.
ALCALDÍA
O alcalde aclara que desde o goberno municipal "acendénse todas as luces de alarma" a respecto da polémica do CHUS
O alcalde aclarou en rolda de prensa a súa posición a respecto da polémica xerada arredor do CHUS. Unha posición centrada, dixo, "en tres eixos: o servizo, a condición da área sanitaria como área de referencia e a vinculación desta coa facultade de Medicina e a USC".
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova a súa colaboración coa Fundación Secretariado Xitano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director-xerente da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.