BENESTAR SOCIAL
O recoñecido pediatra Carlos González participará nas II Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar
O pediatra Carlos González, firme defensor da lactancia materna e autor de libros como Mi niño no me come ou Comer, amar, mamar, participará nas II Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar, que se celebrarán este sábado 28 de xuño no Hotel Puerta del Camino de Santiago. O evento diríxese tanto a nais e pais como aos diferentes profesionais vinculados coa infancia, como pediatras ou profesores.
XUNTA DE GOBERNO
Novo sistema de bombeo de pluviais para evitar inundacións en Pelamios
A Xunta de Goberno aprobou a memoria valorada das obras de instalación dun sistema de bombeo de augas pluviais na praza da Capela de San Xoán, en Pelamios. Preténdese así evitar as inundacións que se veñen producindo nesta praza. Ademais, deuse o visto bo á modificación da sinalización vertical na rúa de San Francisco.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello achega 241.500 euros a 15 entidades sociais da cidade
A sesión ordinaria da Xunta de Goberno tivo como un dos asuntos da orde do día a aprobación de 15 convenios en favor das entidades e asociacións sociais da cidade, que fan un gran servizo na nosa cidade axudando aos máis desfavorecidos. Estes convenios supoñen unha achega municipal de 241.500 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase expediente sancionador á empresa responsable da xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas
A voceira da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, comunicou que, á vista do informe da Xefatura de Servizo de Contratación e a proposta da concelleira de Educación, a XGL acordou iniciar o expediente sancionador á empresa CLECE pola presunta infracción do artigo 25.b do prego de cláusulas administrativas particulares do Servizo de Xestión das Escolas Infantís de Conxo e Fontiñas.
ALCALDÍA
Unha peregrinación dende Santiago a Padrón reivindica esta ruta histórica á orixe da tradición xacobea
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Museo das Peregrinacións á presentación da peregrinación de Santiago a Padrón que se celebrará o 5 de xullo, organizada pola Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón.
RECOLLIDA DO LIXO
Chamamento á responsabilidade de Reyes Leis en relación á posible convocatoria de folga dos traballadores da recollida do lixo
Preguntada pola posibilidade da convocatoria dunha folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lixo, Urbaser, nas datas das festas do Apóstolo, a voceira da Xunta de Goberno, Reyes Leis, fixo un chamamento á "responsabilidade", a fin de evitar unha situación que, ademais dos prexuízos hixiénicos, "prexudicaría a imaxe da cidade" nestas datas de grande afluencia de turismo.
MOBILIDADE
Entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano
A partir do día 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no transporte urbano.
PLENO
A Brigada de Vías e Obras iniciará este venres as obras de mantemento nos colexios
A Corporación celebrou o pleno ordinario do mes de xuño. Entre outros asuntos, o Goberno municipal informou do comezo e da valoración, este mesmo venres, das obras máis urxentes de mantemento dos centros escolares.