MEDIO RURAL
O Concello de Santiago repuxo o cableado en todas as zonas habitadas do rural
O Concello continúa a repoñer o cableado de cobre simultaneamente nas zonas do rural e do casco urbano que se viron afectadas polos numerosos roubos entre finais de 2012 e 1013. A última reposición comezou o 2 de xuño nas zonas habitadas da área rural de Compostela e espérase que en dous meses estean xa todas elas rematadas.
POLICÍA LOCAL
A Policía Local informa sobre o uso do casco entre os ciclistas menores de 16 años
A Policía Local de Compostela está realizando durante esta semana unhas xornadas de educación vial sobre o uso do casco entre os ciclistas menores de 16 anos, coincidindo co Día Nacional da Seguridade Vial. Estas sesións teñen lugar no Colexio La Salle e están dirixidas a nenos do último ciclo de Primaria, con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos. Nas xornadas tamén están a participar os Bombeiros.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Servizo de transporte para o concerto de Melendi do sábado 14 de xuño
O Concello oferta un servizo lanzadeira de transporte urbano para achegarse ao multiusos Fontes de Sar con motivo do concerto de Melendi, o vindeiro sábado 14 de xuño.
URBANISMO
O Concello participa nun proxecto piloto de formación no manexo do planeamento urbanístico en formato FIP
O edificio Cersia acolle un curso de capacitación para o manexo das ferramentas destinadas á edición do planeamento en formato FIP (Ficheiro de Intercambio de Planeamento), dentro do programa Red.es. Santiago é o único concello de España no que os seus técnicos se van formar no manexo desta ferramenta de redacción do planeamento urbanístico.
CONSORCIO
Unha exposición de 58 fotografías antigas e outras tantas actuais mostra a evolución do Camiño de Santiago ao seu paso pola comunidade leonesa nos últimos 40 anos
A exposición Ayer y hoy de los caminos a Santiago por Castilla y León. El Camino Francés inaugúrase esta tarde no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza das Praterías. É unha iniciativa promovida pola Xunta de Castela e León e impulsada pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. Ao acto de inauguración, que terá lugar ás 19:00 horas, está prevista a asistencia do responsable de publicacións e exposicións do Consorcio, Juan Conde; e do xerente da Sociedade de...
MEDIO RURAL
Charla en Lavacolla sobre a iniciativa Cinturón Verde de Santiago
Os concelleiros José María Rosende e Luis Meijide participaron nunha charla sobre a iniciativaCinturón Verde de Santiago. Plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural, celebrada no Centro Sociocultural Ruta Xacobea, en Lavacolla. Participaron veciños das parroquias de Carballal, Enfesta, Bando e Sabugueira.