BENESTAR SOCIAL
Clausura dos obradoiros "Activa-T cociñando"
Dende o 11 de marzo e ata o pasado día 20 tiveron lugar os obradoiros de cociña tradicional galega nos que os e as participantes de distintas nacionalidades puideron aprender a elaborar pratos típicos de baixo custo e elaboración sinxela para o día a día das familias.
EMPREGO
A concelleira de Emprego participou no encontro da mocidade emprendedora
A Facultade de Económicas e Empresariais acolleu o I Econtro Internacional da Mocidade Emprendedora, ao que asistiu a concelleira de Emprego, Reyes Leis. As xornadas contaron con conferencias, mesas redondas, charlas con empresarios, seminarios prácticos, e moitas outras actividades que remataron coa selección das 5 mellores ideas de negocio.
ALCALDÍA
A Cidade da Cultura acolle a exposición "Auga Doce"
Á inauguración, presidida polo Príncipe de Asturias, asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e membros da corporación.
MOBILIDADE
Iníciase o proceso para a contratación do servizo de cafetería da estación de autobuses
O concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, anunciou en rolda de prensa a aprobación por parte do Consello de Administración de Tussa da posta en marcha do proceso de adxudicación da cafetería da estación de autobuses o pasado luns 17.
CONSORCIO
O obradoiro sobre planificación de uso público de espazos patrimoniais congrega a 25 profesionais da arquitectura, medio ambiente e turismo
Organizado polo Consorcio e Turismo de Santiago, celebrarase durante todo o sábado na Fundación Torrente Ballester baixo a dirección dos expertos Jon Kohl e Fernando Ramos.