ECONOMÍA
O Cersia acollerá tres xornadas sobre creatividade, xestión eficaz do tempo e empresa e novas tecnoloxías
A Concellería de Economía organiza tres xornadas formativas para o vindeiro mes dentro do programa municipal Santiago Investors Support, que ten entre os seus obxectivos fomentar a cultura emprendedora na cidade. As xornadas tratarán sobre: Creatividade, Xestión eficaz do tempo e A empresa e as novas tecnoloxías. As xornadas diríxense a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, estudantes universitarios ou de formación profesional e persoas desempregadas de Santiago de Compostela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Costa Verde do programa "Imos de excursión"
A Concellería de Centros Socioculturais abre, a partir de mañá martes 7 de maio, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe do programa Imos de excursión 2013. É a denominada "Costa Verde" e desenvolverase o sábado 25 e o domingo 26 de maio.
DEPORTES
Santiago de Compostela será a sede do XIII Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show en marzo de 2014
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, anunciou que Santiago foi a cidade escollida para organizar o Campionato de España de Grupos Show, unha disciplina de patinaxe na que participan grupos de ata 12 ou de 12 a 25 competidores. Esta proba, cuxa organización lle corresponde ao Club Deportivo Fontiñas e ao Concello de Santiago, celebrarase no Multiusos Fontes do Sar os días 8 e 9 de marzo de 2014.
TURISMO
Dezasete concellos da Área de Santiago asinarán o 27 de maio un convenio para a súa promoción turística
Os concellos da Área Santiago asinarán o 27 de maio no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración para traballar conxuntamente na súa promoción turística. O Grupo está composto actualmente por 17 concellos: A Estrada, Ames, Boqueixón, Brión, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces. Entre eles suman preto de 250.000 habitantes.
ECONOMÍA
Xornada técnica gratuíta "Rendibiliza o capital intanxible da túa empresa"
O Concello de Santiago, en colaboración co Ministerio de Economía e Competitividade e EQA realizarán o 29 de maio unha xornada gratuíta titulada Rendibiliza o capital intanxible da túa empresa. O obxectivo desta xornada é expoñer os incentivos fiscais á I+D, facendo fincapé nas novidades: o Patent Box e compra pública innovadora. Agárdanse uns 200 participantes.
CULTURA
Os Mighty Calacas presentan o seu primeiro disco, "Hot pelucho sounds", na Sala Capitol
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou no Teatro Principal, como aperitivo das Festas da Ascensión, o concerto que os Mighty Calacas ofrecerá no martes 7 de maio, ás 20:30 horas, na Sala Capitol, incluído no ciclo Blues Nite.
TURISMO
As cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse en Portugal, un mercado turístico estratéxico para o Grupo
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participa a partir do luns 6 de maio nunhas xornadas, promovidas pola Oficina Española de Turismo en Lisboa, xunto a unha escollida selección de empresas do sector turístico, como Travelplan, Meliá, Iberia, Air Berlin e Air Europa, entre outras.
CONSORCIO
Reunión do alcalde co reitor da USC
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, reuniuse co reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, na sede do órgano interadministrativo.