CULTURA
"Under18" chega por primeira vez a Galicia cun cabeza de cartel de luxo: Simple Plan
O Festival Under Eighteen (máis coñecido como U18) naceu co propósito de crear alternativas musicais para os menores de 18 anos, como unha nova proposta de lecer para os máis novos, que poderán gozar en directo dos seus artistas favoritos en horarios adecuados e en recintos onde está prohibida a venda de bebidas alcohólicas e de tabaco. E agora esta iniciativa chega a Compostela da man da Concellería de Cultura e a produtora Sweet Nocturna con varios patrocinios. O concerto foi presentado en rolda de prensa polo alcalde...
ALCALDÍA
O alcalde deu a coñecer os debuxos que ilustrarán o cartel do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela
Xa se coñecen os debuxos que ilustrarán o cartel do 50 aniversario da SD Compostela. O alcalde compostelán, Ángel Currás, deu a coñecer os nomes dos catro escolares que gañaron o concurso convocado ao efecto pola comisión organizadora desta efeméride. O xurado elixiu os catro debuxos entre os 50 finalistas, do total de máis de 300 presentados.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o prazo de solicitude para os obradoiros de verán e do curso 2012-2013 das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva de praza e admisión de solicitudes para os obradoiros, tanto de verán como do curso 2012-2013 das escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Tamén se acordaron as obras de mellora de vieiros rurais que, en réxime de cooperación, se executarán no marco do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural).
MEDIO RURAL E DEPORTES
O couto de Chaián acolleu unha nova edición do Concurso de Pesca de Salmónidos
Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Desportes, Adrián Varela asistiron, xunto con representantes municipais de Traxo, ás actividades organizadas pola Venatoria de Santiago con motivo do XXXVII Concurso de Pesca de Salmónidos, celebrado no couto de pesca de Chaián, comprendido entre os termos municipais de Santiago e Trazo. 25 deportistas participaron na competición.
EDUCACIÓN
Máis de 600 escolares asistirán á representación da obra "Payasos en peligro"
Máis de 600 escolares dos centros de ensino de Educación Primaria de Santiago asistirán o martes 24 de abril de 2012, ás 9:45 horas e ás 11:30 horas, no Teatro Principal á representación da comedia musical Payasos en peligro, promovida pola Fundación Mapfre e a Concellería de Educación.