MEDIO RURAL E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello oferta un programa de dez excursións e catro viaxes de dous días para os veciños das parroquias do rural
Os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentaron a Imos coa Asociación, o programa de excursións e viaxes para os veciños do ámbito rural de Santiago de Compostela. Esta oferta específica inclúe dez excursións dunha xornada e catro viaxes de dous días a escoller polas 21 asociacións veciñais deste ámbito.
MEDIO AMBIENTE
Os pequenos de Compostela toman conciencia do valor das árbores e da auga
O parque Emilia Pardo Bazán (Monte de Conxo-Santa Marta) acolleu unha plantación de 300 exemplares de árbores autóctonas con motivo do Día da Árbore e da Auga. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, sumáronse a este acto conmemorativo e de concienciación, no que participaron os colexios Cardeal Quiroga Palacios e Divino Maestro. Tamén se realizou unha instalación de rego por goteo.
CULTURA
Sergio Pazos presenta "Se galego, my friend" dentro do ciclo Falabaratos
Nova cita do ciclo Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows no Teatro Principal. Nesta ocasión, Sergio Pazos ofrece o seu espectáculo Se galego, my friend en dúas sesións, xoves 22 e venres 23, ambas ás 21:00 horas.