ALCALDÍA
Compostela sumouse á celebración do Día Mundial da Optometría
O alcalde compostelán, Ángel Currás, sumouse aos actos con motivo do Día Mundial da Optometría, visitando o stand disposto na Praza Roxa e realizando unha revisión da vista de preto.
BENESTAR SOCIAL
Festa benéfica en Sar para recadar fondos destinados á asociación Xuntos Podemos
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, xunto coa coordinadora de Xuntos Podemos, María Castro; e os vicepresidentes do Santiago Futsal, Ramón García e Lalo Froira, presentou a festa benéfica da familia que se realizará o venres 12 de outubro no Multiusos Fontes do Sar.
ALCALDÍA
Representantes das casas museo de escritores de España e Portugal reúnense en Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a algúns dos participantes no I Congreso Ibérico de Casas Museo de Escritores, que se celebra na Cidade da Cultura. No marco deste encontro constituirase a Asociación Ibérica das Casas Museo de Escritores, unha iniciativa pioneira que integrará entidades de Portugal e do conxunto de España.
COMERCIO
O Concello pon a disposición do sector comercial 41 cheques de consultoría gratuíta
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi os cheques de consultoría gratuíta que o Concello pon a disposición do sector comercial dentro do Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciado con Fondos Feder. Esta acción ten coma obxectivo global mellorar a imaxe e a competitividade dos beneficiarios.
CULTURA
As Churras presentan "A Triloxía: Clitemnestra- Electra-As Furias" na Zona "C"
O director-xerente do Auditorio de Galicia e Xiana Carracelas e Iria Sobrado, dúas das compoñentes do colectivo As Churras presentaron o seu novo traballo, A Triloxía: Clitemnestra-Electra-As Furias, que presentarán este mes na Zona "C". Será os venres, sábado e domingos dende este venres, día 12, ata o domingo 28. Os venres e sábados representaranse, respectivamente, Clitemnestra e Electra ás 20:30; e os domingos poderemos ver As Furias a partir das 19:30 horas.
CONSORCIO
O Consorcio programa talleres infantís na nova sede do Museo das Peregrinacións
O sábado 13 de outubro comezará a funcionar na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, o servizo de talleres infantís. O Consorcio de Santiago programou tres sesións cada fin de semana, orientadas a nenos de entre 6 e 12 anos: os sábados ás 12:00 e 18:00 horas e os domingos ás 12:00 horas.