XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de solicitude de uso das 39 hortas municipais de Fontiñas e de renovación de 31 das existentes en Belvís
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a apertura do prazo de solicitude de concesión de uso das 39 hortas municipais en Fontiñas e de renovación de 31 hortas das existentes en Belvís. O prazo estará aberto do 10 ao 22 de outubro.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social informa da modificación do prazo de presentación de solicitudes do Programa de Vacacións para Maiores
A Concellería de Familia e Benestar Social informa da modificación do prazo de presentación de solicitudes do Programa de Vacacións para Maiores do Imserso para a temporada 2012-2013. A data límite pasa a ser o 9 de outubro para os novos usuarios do programa. Aqueles que xa estaban acreditados para viaxar na temporada 2011-2012 non é necesario que cumprimenten nova solicitude, porque o Imserso dispón xa de todos os datos.
ALCALDÍA
Alumnos de varios países participan nunha nova edición do Curso "Camiño de Santiago"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes do Curso Camiño de Santiago. Este curso ofrece aos participantes mellorar o seu español á vez que coñecen máis sobre o Camiño de Santiago.
ALCALDÍA
Visto bo do Goberno autonómico á licitación do centro de saúde de Galeras
O alcalde compostelán, Ángel Currás, expresou a súa satisfacción pola aprobación polo Consello da Xunta da apertura do trámite de licitación do novo centro de saúde de Galeras, no que se investirán 3,3 millóns de euros. Agarda que esta sexa unha actuación "relativamente rápida", de xeito que o Casco Histórico poida dispor pronto do seu centro de saúde.