ECONOMÍA
O Concello organiza un seminario para medir o impacto da presenza en Internet das empresas de servizos
A concelleira de Economía, Reyes Leis, acompañada do presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, e do consultor especialista nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Manuel Pan, presentaron Impactic, un seminario sobre auditorías de impacto da presenza en Internet, que se desenvolverá no CERSIA e na Asociación Hostalería Compostela.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música pon en funcionamento un seminario permanente de instrumentos tradicionais
A programación da Escola Municipal de Música ofrece varias novidades para o curso escolar 2012-2013. Unha delas é un Seminario Permanente de Música Tradicional, que propón un formato innovador de ensino da música tradicional. O prazo para inscribirse neste Seminario estará aberto ata o 14 de novembro.
SANIDADE
Reforzo dos servizos en Boisaca con motivo de Todos os Santos e Defuntos
A concelleira de Medio Ambiente, Infraestruturas, Sanidade e Parques e Xardíns, María Castelao, compareceu en rolda de prensa para dar conta dos traballos que se están a realizar para reforzar os servizos no cemiterio de Boisaca, ante a afluencia masiva de cidadáns nestas datas tan sinaladas.
BENESTAR SOCIAL
A Concellería de Benestar Social achega 10.000 euros ao Banco de Alimentos, Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2012
Continúa a sinatura de convenios da Concellería de Benestar Social coas entidades sociais da cidade. Desta vez, pasaron por Raxoi o Banco de Alimentos Rías Altas e Cáritas Diocesana (Programa Vagalume), aos que o Concello achega unha subvención de 10.000 e 34.000 euros, respectivamente.
ALCALDÍA
Anuska Gil chegou a Compostela tras percorrer en patíns os 1.000 quilómetros do Camiño Francés dende Roncesvalles
Patinando o Camiño é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorreu en patíns o Camiño Francés dende Roncesvalles a Santiago de Compostela, homenaxeando a mulleres que destacan polo seu labor humanitario.
TRÁFICO
A campaña de control de semáforos sáldase en Santiago cun 0,74% de infractores
O concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, deu conta dos resultados da campaña sobre o respecto aos semáforos en vermello realizada entre o 22 e o 28 de outubro. Os datos indican que só o 0,74% dos condutores se saltaron o semáforo en vermello.
CULTURA
Mofa e Befa estrean a súa nova produción,"Románticos", no Principal
Estréase no Teatro Principal Románticos, a nova obra de Mofa e Befa-Produccións Excéntricas. A estrea enmárcase dentro do ciclo Teatro&Danza, e terá cinco funcións, dende o mércores 31 de outubro, ata o domingo 4 de novembro, ás 21:00 horas (agás domingo, que será ás 20:00 horas). As entradas poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, que está aberta de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado e os días de evento. O prezo é de 10 euros, 6 euros no.../em>