CULTURA
Ángel Martín e Ricardo Castella traen o seu espectáculo "Nunca es tarde" ao Principal
Dentro do ciclo Falabaratos chegan a Compostela Ángel Martín e Ricardo Castella presentando o seu espectáculo Nunca es tarde… para hacer tus sueños realidad o xoves 25 de outubro no Teatro Principal en dúas funcións: ás 21:00 e ás 23:00 horas.
TURISMO
Santiago bate en setembro a marca de pernoctacións internacionais
Durante o pasado mes de setembro rexistráronse 66.598 pernoctacións de turistas internacionais en Santiago, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta cifra supón a mellor marca no número de pernoctacións internacionais nun mes, superando as 62.207 que se deron en setembro do Ano Santo 2010.
XUVENTUDE
MúsicaXove volve canalizar por quinto ano a creatividade musical dos grupos emerxentes
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa a quinta edición de MúsicaXove. Este certame busca promover, impulsar e canalizar a creatividade musical da xuventude, como unha iniciativa máis nun conxunto de propostas que tratan de poñer en marcha estratexias nesta perspectiva.
ALCALDÍA
O alcalde defende o papel do Camiño de Santiago como representación do "ideal da unidade da cultura europea"
A cidade acolleu os actos conmemorativos do XXV aniversario da declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Lembrouse así a importancia dunha ruta que, para o alcalde compostelán, Ángel Currás, encarna "o ideal da unidade da cultura europea".
CULTURA
Os suecos Arch Enemy presentan o seu "World Khaos Tour" no Compostela Rock
Continúa a programación do ciclo Compostela Rock co death metal melódico dos suecos Arch Enemy, que fan unha parada da súa xira World Khaos Tour este xoves 25 na Sala Capitol. Estarán acompañados,a partir das 20:00 horas polos canadenses Voivod (thrash metal progresivo) e dos tamén canadenses Titans Eve (trash/death metal).
ALCALDÍA
Marcelino Oreja demanda a recuperación dos valores encarnados pola ruta xacobea
Os actos con motivo do XXV aniversario da declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo continuaron pola tarde cunha conferencia de Marcelino Oreja, quen era secretario xeral do Consello de Europa no momento daquela proclamación.
XUVENTUDE
Exhibición de graffiti no pavillón de Vite
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitaron os finalistas da especialidade de graffiti do certame de creadores novos Xuventude Crea.