TURISMO
Satisfacción en Turismo de Santiago polo incremento do número de peregrinos nos primeiros nove meses de 2012
Tras coñecer os datos de chegada de peregrinos no mes de setembro e o acumulado do ano 2012, ofrecidos pola Oficina do Peregrino, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, expresou a súa satisfacción polas cifras, que reflicten un crecemento do 5% respecto a setembro do pasado ano. No conxunto de 2012, xa chegaron a Compostela 7.000 peregrinos máis.
DEPORTES
O deporte compostelán conta xa coa súa web
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a nova páxina web da Concellería de Deportes. Esta ferramenta ofrece aos tanto aos clubs da cidade como a calquera interesado na práctica do deporte toda a información sobre eventos, instalacións, entidades deportivas, etc.
COMERCIO
Seminario sobre accións para aproveitar as oportunidades comerciais en Santiago
A Concellería de Comercio e Santiago Centro colaboran na organización dunha acción formativa dentro do programa Santiago Investors Support, que terá lugar o 4 de outubro no Hotel Araguaney e que ten coma obxectivo analizar a realidade do comercio en Santiago de Compostela e definir accións que axuden a todos os profesionais do comercio a facer unha mellor xestión do seu negocio.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o traballo do Corpo Nacional de Policía para facer de Santiago unha cidade segura
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu aos actos de celebración dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de Policía. Nunha cerimonia celebrada no Teatro Principal, impuxéronse condecoracións a diferentes integrantes do Corpo.
ALCALDÍA
Recepción aos membros do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os membros do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.
ALCALDÍA
Conferencia de Manuel Gallego sobre o seu proxecto do Museo das Peregrinacións
O arquitecto Manuel Gallego Jorreto pronunciou unha conferencia sobre O proxecto do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O acto, celebrado no mesmo Museo, foi introducido polo alcalde, Ángel Currás.