BENESTAR SOCIAL E MOBILIDADE
Os autobuses urbanos levaron lazos rosas e carteis informativos para conmemorar o Día contra o Cancro de Mama
Este venres 19 de outubro celebrouse o Día contra o Cancro de Mama. Con tal motivo, os 40 autobuses urbanos de Santiago levaron lazos rosas e carteis informativos. Ademais, a delegación compostelá da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) dispuxo mesas informativas e varios actos destinados a sensibilizar sobre a importancia da prevención.
COMERCIO
Santiago acolle as primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico
As Primeiras Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico, coas que colabora a Concellería de Comercio, comezaron no CGAC e desenvolveranse durante o venres pola tarde e o sábado pola mañá. Co auditorio do CGAC practicamente completo, demóstrase o interese que estas Xornadas espertan entre xente de negocios, comunicadores e amantes da moda. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, participou no acto inaugural.
ALCALDÍA
A cidade celebrará o XXV aniversario da Declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo con varios actos institucionais e culturais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentou os actos conmemorativos do XXV aniversario da declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. A celebración inclúe un acto institucional, a visita a unha mostra sobre o Camiño, unha conferencia e un concerto extraordinario.
BENESTAR SOCIAL
O incremento do número de horas do Servizo de Axuda ao Fogar permitirá reducir as listas de agarda nun 70%
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, deu conta da concesión autonómica de 1.013 horas ao mes máis para o Servizo de Axuda ao Fogar. Este incremento vai permitir reducir as listas de espera nun 70%.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha exposición fotográfica de Tono Arias
A Concellaría de Centros Socioculturais colabora un ano máis no certame Outono Fotográfico, promovido pola Fundación Benito Losada, que nesta ocasión celebra a súa 30ª edición.