ALCALDÍA
Os veciños de Monte de Deus exprésanlle a Ángel Currás as súas demandas en materia viaria e de desbroces
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, reuníronse coa Asociación de Veciños Monte de Deus, presidida por Alejandro Álvarez Castro. Os representantes veciñais expresaron as súas principais demandas, fundamentalmente en materia viaria e de desbroces.
DEPORTES
Algúns dos mellores xogadores do mundo de squash compiten xa na pista de Área Central
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, mantiveron en Raxoi un encontro cos participantes no Torneo Internacional de Squash PSA "Camiño de Santiago". A competición, celébrase ata o sábado 20 de outubro na pista de cristal instalada en Área Central.
ALCALDÍA
Compostela acolle o maior evento realizado en España sobre o software libre cun enfoque profesional e empresarial
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os participantes na Libre Software World Conference 2012, que se celebra na Cidade da Cultura os días 18 e 19 de outubro.
FACENDA
A participación nos ingresos do Estado increméntase para Santiago de Compostela en case tres millóns de euros
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que a participación nos ingresos do Estado (PIE) en 2013 incrementarase para o Concello de Santiago en 2.903.703 euros, un 14% máis que en 2012. Esta achega é a maior dende 2009 e permitirá compensa en boa medida as subas do IPC e do IVA que deben asumir as arcas municipais.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello e a Asociación de Escritores en Lingua Galega colaboran na organización de actividades para a promoción da literatura
Froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, convócase para os vindeiros meses un Obradoiro de escrita creativa e dous Paseos literarios por Compostela que estarán guiados por membros da Asociación de Escritores.
TURISMO
Unha delegación do Ministerio de Turismo de Israel visita o Concello
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu no Pazo de Raxoi a representantes do Ministerio de Turismo de Israel, que están en Galicia para coñecer de primeira man os modos de promoción do Camiño de Santiago, para aplicalos á Ruta do Evanxeo.
XUVENTUDE
Comeza o Curso de Iniciación ao Cómic organizado pola Concellería de Xuventude
A Concellería de Xuventude pon en marcha un Curso de Iniciación ao Cómic. Esta convocatoria responde a unha demanda das asociacións xuvenís e estudantes dos centros de ensino, que atopan no cómic unha temática que pode axudar á súa formación e a unha mellor ocupación do seu tempo libre.