DEPORTES
O I Cross de Compostela reunirá o mellor do campo a través galego no Monte do Gozo
Un circuíto no Monte do Gozo acollerá o domingo 29 de xaneiro o I Cross de Compostela, unha proba que aglutinará o Campionato Galego de Campo a Través nas categorías sénior e júnior e varias competicións para corredores en idade escolar.
ALUMEADO PÚBLICO
O Concello adopta medidas de aforro enerxético no alumeado público
O concelleiro de Medio Rural, Alumeado Público e Abastecemento e Saneamento, Luis García Bello, deu conta dalgunhas medidas de aforro enerxético no alumeado público postas en marcha polo Goberno municipal e doutras que se instaurarán en 2012. O obxectivo é que, ao 5% de aforro no consumo xa conseguido, se sume outro 12%.
CULTURA
A Banda Municipal celebra outro concerto do ciclo de Novos Intérpretes Galegos
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela celebra o domingo 22 un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes, unha das novidades mais interesantes da programación 2011-2012. Este ciclo inclúe sete concertos nos que a Banda Municipal contará ao longo da tempada con sete solistas diferentes. Desta vez será Carlos Seráns Santos, que toca un instrumento pouco habitual no ámbito dos solistas, a tuba.
ALCALDÍA
O alcalde participou nos actos do XXV aniversario da Fundación Camilo José Cela
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou en Iria Flavia (Padrón) no acto de clausura do programa cultural polo XXV aniversario da constitución da Fundación Camilo José Cela. Á súa vez, conmemorábase o X aniversario do falecemento do escritor, producido o 17 de xaneiro de 2002.