CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Pontepedriña renova a fachada e o xardín
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou o Centro Sociocultural de Pontepedriña (situado na rúa Amor Ruibal), tras as obras realizadas no mesmo.
DEPORTES
Santiago acollerá un partido internacional da selección española de fútbol feminino
O Estadio de San Lázaro será escenario, o 15 de febreiro, dun partido internacional da selección feminina de fútbol, segundo anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Adrián Varela. O combinado español enfrontarase a Austria.
BENESTAR SOCIAL
Os usuarios dos servizos sociais xa poden ser atendidos o mesmo día para a primeira cita
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, explicou a reorganización que realizou o seu departamento, de tal xeito que, segundo dixo, "o tempo de espera para unha primeira cita reduciuse a cero", polo que os usuarios poden ser atendidos o mesmo día. Esta organización –explicou- ten o obxectivo de "ofrecer un mellor servizo aos cidadáns e unha atención axeitada ao momento que nos atopamos, no que aumentou a concorrencia de persoas aos servizos sociais municipais".
ALCALDÍA
Conde Roa anima os empregados municipais a seguir traballando con determinación por un Santiago mellor
Como cada ano por estas datas, o alcalde recibiu os traballadores municipais para desexarlles un bo Nadal e un satisfactorio ano 2012. Foi tamén momento para homenaxear os traballadores que se xubilaron neste ano que acaba.
ALCALDÍA
O alcalde felicita o Nadal aos composteláns
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha representación das asociacións veciñais da cidade e de diversos colectivos da cidade. Con este acto quixo felicitar o Nadal aos santiagueses.
FAMILIA E DEPORTES
Máis actividades deportivas e de conciliación para os máis pequenos durante o Nadal
Os concelleiros de Benestar Social, Paula Prado, e de Deportes, Adrián Varela, anunciaron máis actividades deportivas e de conciliación para os días de Nadal. Na praza da Constitución e en Fontiñas haberá unha ludoteca e, no pavillón do Restollal, cun completo programa de actividades deportivas.
CULTURA
Canción e arias de ópera en "Novas voces galegas", o segundo concerto de Todo Lírica
Co Nadal chegou de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra ata o 3 de xaneiro con catro concertos continúa o luns 26 co concerto "Novas voces galegas" no que a soprano Gloria Amil estará acompañada ao piano por Julio Alexis Muñoz.
CULTURA
O Auditorio de Galicia abre a venda de abonos tipo C e D do 26 ao 30 de decembro
O luns, 26 de decembro ábrese o prazo para mercar abonos tipo C e tipo D, que son os que corresponden aos concertos de xaneiro a marzo e de abril-maio do programa de abono do Auditorio de Galicia. Todos os interesados en adquirilos teñen que achegarse á billeteira do Auditorio de Galicia dende o 26 ata o 30 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.