OBRAS
A rúa República do Salvador ábrese á circulación trala reurbanización do tramo Hórreo-Xeneral Pardiñas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá a remodelada rúa República do Salvador, no Ensanche compostelán. Fíxoo acompañado do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e da concelleira de Tráfico, Marta Álvarez-Santullano, con motivo da apertura da vía ao tráfico.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa preocupación polo deterioro da xestión hospitalaria no CHUS
O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou hoxe a súa preocupación polo crecente deterioro da xestión no Hospital Universitario (CHUS) de Santiago de Compostela nos primeiros quince meses do novo goberno da Xunta de Galicia. Considerou que sobre este importante servizo sanitario estase exercendo unha presión, cuxos resultados ofrecen unha evolución que avala os peores prognósticos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Pistoletazo de saída ao seminario de coidadores familiares
O rexedor compostelan, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe o seminario internacional Cosefamie (Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego), pertencente ao programa europeo Leonardo da Vinci. O acto tivo lugar no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia), ubicado en San Lázaro, e contou tamén coa presenza do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias.
BENESTAR SOCIAL
O Parque Eugenio Granell acolle un encontro interxeracional de xogos tradicionais
A Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago pon en marcha este sábado, a través do programa Educación de rúa, unha iniciativa novidosa que busca unir os maiores cos máis pequenos a través da práctica de xogos tradicionais.
MEDIO AMBIENTE
Ampliase o espazo das hortas de Belvís sumando 26 parcelas máis o que fai un total de 57
O éxito das hortas municipais, iniciativa da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Elvira Cienfuegos López, fixo que desde o departamento decidiran ampliar o espazo sumando 26 parcelas máis. Así, estas 26, unidas a 2 do anterior espazo que están sen dono neste momento, serán adxudicadas o vindeiro martes nun acto no Parque de Belvís. A distribución e superficies das hortas poden consultarse na páxina web www.compostelaviva.org.
TRANSPORTES
O vindeiro luns día 20 entran en vigor as novas tarifas de transporte urbano
Estas tarifas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 10 de agosto e comezarán a aplicarse no servizo de transporte urbano a partir desde próximo luns, 20 de setembro.