ALCALDÍA
As obras máis complexas de reforzo do firme das vías da cidade realizaranse durante a noite nos últimos días de agosto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anticipou que as obras de reforzo do firme naquelas rúas de máis complexidade se realizarán durante as noites entre o 22 e o 31 de agosto. Coa adxudicación definitiva deste contrato, poderán acometerse de inmediato actuacións en tramos como o que vai dende a rotonda do Castiñeiriño ata Pontepedriña, Hórreo, Xoán XXIII ou San Caetano.
CULTURA
Música dos máis diversos estilos e o mellor de "Curtocircuíto 2010" no Festival dos Abrazos
A cuarta xornada do Festival dos Abrazos, o xoves 12, trae a música de Los Chavales, Batbirulau, Javi A e Xoán Curiel Cuarteto. Ademais, proxectaranse as melloras curtas do festival Curtocircuíto 2010.
EMPREGO
Promoción Económica e Emprego habilita un aplicativo a través de internet para inscribirse na Feira do Emprego
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, habilitou un aplicativo na páxina web www.feiradoempregosantiago.org, que permitirá, ás persoas interesadas, inscribirse, de balde, na I Feira do Emprego de Santiago de Compostela.