CONSORCIO
A Oficina de Atención ao Peregrino mellora os seus servizos coa incorporación de novos espazos
Un convenio entre o Cabildo da Catedral de Santiago, o Consorcio de Santiago, o Xacobeo e o 061 permitiu equipar as novas dependencias rehabilitadas da Oficina de Atención ao Peregrino. A planta baixa conta cun punto de atención sanitaria para os peregrinos.
MOBILIDADE
O Plan de Mobilidade apostará pola redución da incidencia do vehículo privado nos desprazamentos dentro da cidade
O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, presentou as liñas básicas do Plan de Mobilidade Sostible do Concello de Santiago. Aprobada a contratación do servizo na Xunta de Goberno, o obxectivo é que o Plan poida estar listo para os primeiros meses de 2011.
XUNTA DE GOBERNO
Todo listo para o comezo da segunda fase do reforzo do firme das vías públicas
A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, elevou a definitiva a adxudicación da segunda fase do reforzo do firme das vías públicas municipais. Tamén en materia de contratación, iniciouse o expediente para contratar subministro de uniformidade e accesorios para a Policía Local.
PLENO
Visto bo definitivo a uns orzamentos que priorizan os servizos sociais e o emprego
Nunha sesión extraordinaria, o Pleno municipal aprobou definitivamente o orzamento e o cadro de persoal do Concello para o ano 2010, unha vez estudadas e rexeitadas as dúas únicas alegacións presentadas no prazo de exposición pública.
CULTURA
O Festival dos Abrazos trae máis música, un documental e unha singular proposta teatral
O Festival dos Abrazos alcanza a súa terceira xornada, desta vez cunha singular proposta teatral de Quico Cadaval e coa máis diversa programación musical. Tamén se proxectará un documental sobre Palestina.
CULTURA
Blusens Televisión será a plataforma multimedia en internet de "Curtocircuíto"
O Festival Internacional de curtametraxes Curtocircuíto terá, por segundo ano consecutivo, a Blusens Televisión, www.blusens.tv, como plataforma multimedia en internet deste certame que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais.