SEGURIDADE CIDADÁ
Dez barrios da cidade contarán con máis de 2.500 prazas de estacionamento gratuítas reservadas para residentes
A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, presentou a proposta que elevará á Xunta de Goberno Local para dotar a dez áreas da cidade de zonas específicas para o estacionamento de residentes, tal e como se establece na Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo ORA. En total serán 2.172 prazas permanentes e 398 nocturnas, de carácter gratuíto para os residentes.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
Cidade Histórica e Medio Ambiente entregan os premios do II Concurso de Balcóns
A compostelá praza de Cervantes foi o escenario da entrega dos premios do II Concurso de balcóns da Cidade Histórica Flores na Cidade, que organiza o Concello de Santiago. No acto participaron as concelleiras do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e da Cidade Histórica, Olga Pedreira, acompañadas por José Antonio Mosquera, xefe de Parques e Xardíns; Angel Pérez Otero, técnico do Medio Ambiente; Javier Fernández, xefe de servizo de Cidade Histórica e Ignacio Cereijo representando á empresa Cespa.
FESTAS
Elvis Costello e Diana Krall aterran na Quintana no marco das festas do Apóstolo
Para a xornada do martes 27, o Xacobeo organiza un concerto de altura para as festas do Apóstolo. Elvis Costello e Diana Krall protagonizarán un concerto de gran formato na Quintana. Será un concerto dobre deste matrimonio que por primeira vez actuará conxuntamente en Galicia.