ALCALDÍA
Prosperan as teses do Concello para evitar a execución da sentenza sobre o vieiro Clara Campoamor
O pasado 15 de febreiro, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou un auto que estima o incidente de inexecución de sentenza promovido polo Concello de Santiago. Deste xeito, dálle a razón ao goberno municipal en relación coa sentenza de 14 de marzo de 2007 que anulou un dos expedientes de expropiación tramitados para a obtención dos terreos destinados ao vieiro Clara Campoamor (Sar-Pontepedriña).
BENESTAR SOCIAL
Nace a páxina web Compostela Integra, un espazo de encontro virtual para os profesionais da acción social
Unha nova web, Compostela Integra, creada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, servirá de punto de encontro e relación dos diferentes profesionais que traballan na área de acción social do Concello de Santiago. Será tanto unha ferramenta de traballo interno entre os compoñentes das distintas redes como unha ponte de comunicación cara o exterior, para informar aos cidadáns sobre as accións que se realizan.
ALCALDÍA
O Consello Económico e Social de Santiago coñece as accións de Campus Vida
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha nova xuntanza do Consello Económico e Social. Nesta ocasión, os integrantes puideron coñecer de primeira man o proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional, da Universidade de Santiago.
TURISMO
Ferran Adrià participou na primeira xornada do congreso profesional do Fórum
Ferran Adrià, o Fórum Doce e o III Encontro de Bloggers Gastronómicos foron os eventos máis destacados da primeira xornada do congreso profesional do Fórum Gastronómico Santiago 2010. O martes 23 é o día do Fórum Viño.