ALCALDÍA
A Fundación Caixa Galicia e o Concello de Santiago de Compostela asinan un convenio cultural de 510.000 euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, asinaron hoxe no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración entre a Fundación Caixa Galicia e o Concello para a realización de diferentes actividades culturais.
ALCALDÍA
O grupo parlamentario socialista reúnese co alcalde para falar das prioridades da cidade
O voceiro do grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acompañado dos deputados Manuel Lage Tuñas e Modesto Pose, mantivo hoxe co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo unha reunión de traballo na Casa do Concello.
CULTURA
Compostela viaxa ao século XX con 'Exxpopress'
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugurou na mañá de hoxe no CSC das Fontiñas unha mostra única en Galicia, dedicada ao século XX e formada por centos de xornais e revistas que recollen nas súas portadas os principais acontecementos históricos da pasada centuria. A exposición permanecerá aberta ata o 28 de agosto.
FESTAS
O monologuista galego Rober Bodegas fará o pregón do Apóstolo deste ano
O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, anunciou esta tarde o nome do pregoeiro do Apóstolo 2009, que será o monologuista galego Rober Bodegas, coñecido pola súa participación no programa de TVE El Rey de la Comedia e que actualmente colabora no magazine de La Sexta, Sé lo que hicisteis.
MEDIO AMBIENTE
O barrio de Vidán conta xa cunha nova área recreativa e de lecer
Esta tarde o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova área recreativa situada barrio de Vidán, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. As obras foron impulsadas por esta concellería e financiadas no marco dos fondos FIL. A nova área conta cunha superficie total de 1.355 metros cadrados e está situada no entorno da igrexa parroquial.
ALCALDÍA
A Xustiza desestima a pretensión de retirar as cámaras de videovixilancia en Santiago
O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña desestimou o recurso do Movemento polos Dereitos Civís no que pedía a retirada cautelar das cámaras de videovixilancia en tanto non se pronunciara a Xustiza. O fallo do tribunal dá así a razón ao Concello de Santiago que solicitara a permanencia das mesmas.