MULLER
Compostela acollerá o Centro de recuperación integral para as mulleres vítimas da violencia de xénero
As instalacións da Casa de Acollida de Santiago albergarán o Centro de recuperación integral para as mulleres vítimas da violencia de xénero, que coordinará as casas de acollida de toda Galicia. Así o anunciaron o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, tras unha reunión en Raxoi.
ALCALDÍA
O Consorcio e a Xunta crean o premio Chano Piñeiro para a promoción do patrimonio audiovisual galego no marco de Cineuropa
O presidente do Consorcio e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Juan Fernando Salgado García, asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo establecer as bases polas que se regulará a colaboración entre ambas institucións para a promoción do patrimonio audiovisual galego a través da plataforma que supón o festival "Cineuropa", na edición prevista para 2006.
TURISMO
Francisco Candela: "Debemos redefinir o papel dos municipios no impulso do turismo"
O I Foro Profesional de Turismo Urbano e Cultural, organizado por Turismo de Santiago e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), foi inaugurado no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago polo concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela; o presidente da Comisión de Turismo da FEMP, Joseph Mariné i Grau, e o vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Enrique Fernández.
TURISMO
Compostela asina o seu irmanamento coa cidade chinesa de QuFu
Representantes do Concello de Santiago regresaron de China tras supervisar o avance das propostas compostelás para a reordenación turística e patrimonial de Qu Fu, e asinar o documento definitivo de irmanamento entre ambas cidades Patrimonio da Humanidade.
ALCALDÍA
O alcalde entregou o Araguaney de Ouro a Isaac Díaz Pardo
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou o décimo galardón Araguaney de Ouro, creado pola Fundación do mesmo nome, ao intelectual Isaac Díaz Pardo, nun acto que tivo lugar no propio hotel Araguaney.
URBANISMO
Sánchez Bugallo: "O novo polígono 6-7 fai máis presente ás Fontiñas na moderna imaxe de Compostela"
"Unha intervención que vén a completar unha área moi importante na definición final dos límites de este núcleo de poboación das Fontiñas en relación co propio periférico e a avenida de Lugo, facéndoo máis presente na moderna imaxe de Compostela". Así definiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o novo espazo residencial creado no polígono 6-7 de Fontiñas e que vén de inaugurar. Trátase de 332 vivendas protexidas e un investimento de...