CULTURA
O saxofonista Lee Konitz, no Auditorio de Galicia
O venres 18 de novembro no Auditorio de Galicia, inícianse os concertos do Compos Jazz Festival 2005 coa actuación do mítico saxofonista Lee Konitz.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Convocados os premios Vagalume e os premios de carteis e do programa de Nadal 2005
Recoñecer o traballo de persoas e colectivos composteláns a prol do benestar da cidade e do estímulo á cooperación, á solidariedade e á igualdade entre as persoas é o principal obxectivo dos Premios Vagalume, xa tradicionais no Concello de Santiago.
MULLER
Dezaoito artistas por dezaoito anos de traballo de "Alba"
A Asociación de Mulleres Progresistas "Alba" inaugurou a mostra colectiva "Dezaoito mulleres compostelanas da arte", nun acto que correu a cargo da presidenta da asociación, Lupe Rodríguez, e do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
A Banda Municipal tocará baixo a batuta do alicantino Francisco Pérez
O domingo ás 12 da mañá no Teatro Principal, a Banda Municipal de Música de Santiago dará o seu habitual concerto dirixida por Francisco Pérez Rodríguez.