PLENO

O Pleno dá luz verde, de xeito provisional, á modificación do PXOM sobre a regulación de usos

30/11/2022

Na sesión ordinaria de novembro celebrada esta mañá, o Pleno aprobou de forma provisional a modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación dos usos e actividades complementarias, entre elas as vivendas de uso turístico ou VUT. Tamén se aprobou a modificación do cadro de persoal do ano 2022 para levar a cabo o proceso de estabilización, pola que se crean 17 prazas novas no...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de madrugadores e de comedor na rede de centros de educación infantil e primaria por preto de 2,5 millóns de euros

30/11/2022

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a adxudicación do contrato para a prestación do servizo de madrugadores e de comedor na rede de centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello á empresa Alimentación Saudable, SL, por un importe total de 2.479.169,36 euros para os dous vindeiros anos.

Ler máis

EDUCACIÓN

Programa municipal de conciliación de Nadal 2022

29/11/2022

O programa municipal de conciliación de Nadal 2022 desenvolverase entre o día 23 de decembro e o 5 de xaneiro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Vinte solistas de dez nacionalidades competirán esta fin de semana polos catro galardóns que outorga o V Concurso de Canto Compostela Lírica

29/11/2022

O Auditorio de Galicia acollerá esta fin de semana a fase eliminatoria e a final deste certame en dúas sesións abertas ao público, nas que competirán vinte voces orixinarias de países como Corea do Sur, Colombia, Israel, Serbia, Mongolia, Portugal, Estados Unidos ou Francia. O V Concurso Lírico, organizado por Amigos da Ópera de Santiago co apoio do Concello de Santiago, entregará un primeiro premio de 4.000 euros, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.000 euros.

Ler máis

CONSORCIO

Baldur Brönnimann sinala a procura da excelencia artística, a implicación social e a formación como os eixos da súa nova etapa á fronte da Real Filharmonía de Galicia

29/11/2022

A Real Filharmonía de Galicia presentou este martes no Museo do Pobo Galego ao que será o novo director titular e artístico da orquestra e da Escola de Altos Estudos Musicais a partir do mes de xaneiro, Baldur Brönnimann. Acompañándoo na presentación estiveron o presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do Consorcio, Belén Hernández, e a directora técnica da Real Filharmonía, Sabela García Fonte.

Ler máis

EDUCACIÓN, CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

O Concello de Santiago recupera o MultiXogo Nadal que se suma ao amplo programa de actividades de conciliación para estas vacacións

29/11/2022

Os concelleiros de Educación, Rubén Prol, de Relacións Veciñais, Gonzalo Muíños, e a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentaron esta mañá en rolda de prensa a oferta de actividades nas escolas infantís e nos CSC da cidade para favorecer a conciliación durante as vacacións de Nadal. Tamén se presentou a iniciativa Multixogo Nadal que se desenvolverá entre o 26 de decembro e o 2 de xaneiro no multiúsos Fontes do Sar.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Entréganse os premios á excelencia empresarial

29/11/2022

Esta convocatoria forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, entregou esta tarde o premio no Pazo de Raxoi acompañado do resto de integrantes do xurado.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a licitación do mantemento e subministro de alumeado público exterior do Concello, que prevé un aforro eléctrico superior ao 50%

28/11/2022

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á renovación de 11 buses de transporte urbano; e aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de "Servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministro do alumeado público exterior do Concello de Santiago", é dicir, o alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio. O orzamento base de licitación deste contrato é de 49.984.582,31, IVE engadido, e contémplase por un período de dez anos.

Ler máis

TURISMO

‘Navalla’ e ‘Queixo’ de ArteSana, gañadoras do XIV Santiago(é)Tapas

28/11/2022

A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolleu a gala de entrega de premios do XIV Santiago(é)Tapas e do III Santiago(é)Cóctel, conducida pola xornalista Marga Pazos. Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, e unha nutrida representación da hostalaría compostelá.

Ler máis
Compartir: