XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as instrucións para unificar criterios nas sancións e no aforo dos locais de hostalería

30/12/2016

O Goberno deu cumprimento hoxe ao compromiso adquirido no marco das mesas de diálogo co sector da hostalería nocturna, e aprobou dúas instrucións sobre os criterios aplicables tanto no que ten que ver cos procedementos sancionadores abertos a establecementos públicos e actividades de lecer, como no relativo ao seu aforo. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o obxectivo é "unificar o modo de actuar, diante da disparidade do marco legal existente e do baleiro no desenvolvemento dalgunhas normativas". Deste xeito, incidiu,...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Unha nova sentenza anula a concesión, en 2013, do servizo de limpeza e conserxería dos colexios

30/12/2016

A Xunta de Goberno deu conta hoxe dunha nova sentenza chegada ao Concello de Santiago, que anula os acordos adoptados no ano 2013 para a adxudicación do servizo de limpeza, conserxería e control das instalacións dos centros públicos de educación infantil e primaria. O fallo, ditado polo Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago, obriga a retrotraer o procedemento para volver a valorar as ofertas presentadas nunha mesa de contratación.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio presentou en 2016 sete novas publicacións vinculadas á cidade

29/12/2016

O Consorcio de Santiago presentou en 2016 sete novas publicacións vinculadas á cidade, coeditadas en colaboración con outras editoriais. Increméntanse así os fondos das seis coleccións coas que conta a biblioteca do organismo interadministrativo: biblioteca facsimilar, científica, de divulgación xacobea, literaria e de imaxes, xunto á infantil e xuvenil.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A Tropa Verde pecha o ano 2016 con máis de 11.000 accións ambientais e 2.000 usuarios rexistrados

29/12/2016

A Tropa Verde, a iniciativa que premia a concienciación ecolóxica da cidadanía, pecha o ano superando todas as expectativas: máis de 11.000 accións ambientais desenvolvidas, 2.000 usuarios rexistrados e máis de 2.000 participantes en actividades escolares. Son algúns dos datos máis importantes do balance do proxecto que o Concello ten en marcha en colaboración con Teimas Desenvolvemento, que se consolidou ao longo de 2016. A día de hoxe, a Tropa Verde conta xa con 115 establecementos colaboradores, responsables de entregar...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea en 2017 o primeiro Valle-Inclán en galego

29/12/2016

Oitenta anos despois do pasamento do escritor e dramaturgo galego Ramón María del Valle-Inclán, a súa obra poderá ser gozada por primeira vez en galego. Será a peza A Cabeza do Dragón a que sirva de catalizador, e será Producións Teatrais Excéntricas -con Quico Cadaval á fronte- a encargada de poñela sobre as táboas. O elenco está formado por Iván Marcos, Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, María Costas, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e o propio...

Ler máis

MOBILIDADE

Logrado o consenso sobre o Pacto pola Mobilidade

28/12/2016

Preto de medio cento de representantes de colectivos veciñais, empresariais e de comerciantes; e dos grupos políticos da Corporación municipal acadaron onte o consenso sobre o Pacto Local pola Mobilidade. Foi nunha reunión presidida polo concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, que lle puxo fin a meses de traballo para redactar o documento que agora terá que ser aprobado polo Pleno. O propio edil deu conta este mércores en rolda de prensa das conclusións da xuntanza.

Ler máis

DEPORTE

O Concello acomete obras en cinco instalacións deportivas municipais por importe de 165.000 euros

28/12/2016

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou as obras que se están a acometer en cinco instalacións deportivas municipais con cargo ao remanente de tesourería do 2016, que suman un investimento de 165.313 euros. Segundo indicou, "trátase de facer fronte ás deficiencias que presentan as instalacións deportivas municipais dende hai anos e que cómpre ir solucionando".

Ler máis
Compartir: